Esta semana a adicamos a traballar os osos do noso corpo
Tivemos unha visita inesperada de ESQUELETÓN, primeiro fixamonos no seu aspecto e nos osos que coñecian.
Ao tempo que os sinalabamos no noso corpo tamén o fixemos no ESQUELETO, algúns como O CÚBITO E RADIO, O HÚMERO, A CADEIRA, A MANDIBULA, A COLUMNA VERTEBRAL...
DESPOIS con pasta pegamos cada un deles con moito coidado
para facer o CRÁNEO usamos pasta de sal, primeiro botamos os ingredintes
auga, fariña e sal
e despois amasamos todo
Logo na ficha modelamos o cráneo e quedounos xenial!!!! Xa o veredes no libro que estamos facendo do noso corpo.
E como ainda sobrou unha pouquiña deunos para xogar e facer outra figuriña
Tamén fixemos algunha para os nenos/as que faltaban
Esta semana acudimos a coñecer a zona infantil da biblioteca onde o pasamos xenial vendo contos, e despois aproveitamos para contar o conto de Nacho e as súas emocións!
Nesta semana tamén estivemos facendo series na pizarra dixital, con pinchos, con pegatinas...
Deixovos algunhas das cancións desta semana que mais lles gustaron.
Agora toca descansar e repoñer forzas para a semana que ven!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!