sábado, 12 de marzo de 2022

AS CAPAS DO CORPO:OS MÚSCULOS

 

Esta semana estivemos a traballar coa capa dos músculos, falamos de que está debaixo da pel, e por encima dos osos, e que son os que nos permiten movernos.

Falamos dalgún deles como os BICEPS, PEITORAIS, ABDOMINAIS, GLUTEOS É XEMELGOS...que son elásticos e que se estiran e se contraen como unha goma.

Despois vimos algún vídeo e buscamos información nos libros da aula.



Despoís usamos tres palillos para facer os ÔSOS do brazo pola sua dureza e plastilina blanda para facer os músculos do brazo o BICEPS.


Primeiro pusemos o nome do sistema MUSCULAR, despois pintamos con témperas e bastoncillos cada MÚSCULO


Picamos o brazo co punzón

e despoís no brazo puxemos gomas elásticas


Fixérono xenial!!

Como falamos que os MÚSCULOS son ELÁSTICOS e FLEXIBLES levamos a cabo UN EXPERIMENTO, algún dixo que nunca fixera un pero día a día estamos aprendendo a experimentar e observar os resultados cambiantes das cousas, o experimento deu como resultado SLIME.

Deixovos un vídeo de como se fai por se o queredes facer:


Primeiro botamos un bote de COLA e unhas gotas de COLORANTE alimenticio da cor dos seus grupos e comezamos a remexer


Despois unha culler de BICARBONATO  e un chorro de LIQUIDO DE LENTES e seguimos remexendo


e para darlle volume ESCUMA DE AFEITAR


encantoulles a case todos

Para a semana mais!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!