Nos últimos días estivemos traballando sobre o esqueleto e as articulacións.
Comezamos
recordando cousas que xa sabíamos froito da mestura nas investigacións do día a día e das aportacións que imos tendo e que fan máis dinámico o proxecto.Como sempre comezamos coa investigación en libros, imaxes e vídeos de internet.
Deixo algúns dos vídeos que empregamos na clase.
Traballamos en papel ó longo de varios días para ir fixando ideas. Repasamos as ARTICULACIÓNS con XELDA e a súa boneca para ir colocando boliñas de plasti nalgunhas das articulacións: BONECAS, CÓBADOS, OMBROS, CADEIRA, XEONLLOS e NOCELLOS
Tamén colocamos o ÓSO máis longo do corpo cun churriño branco de plasti: FÉMUR. Fixérono xenial!!
Traballamos no libro de texto
Seguimos co libro de capas e sistemas que comezamos anteriormente a elaborar. Para facelo veunos axudar o señor SKELETON. Nel identificamos os ósos que coñecemos e algún novo saíndo todos e todas por quendas.
Logo fomos pegandodistintos tipos de pasta en cada óso segundo o identificamos en SKELETON e no noso corpo.
Para facer o cráneo empregamos unha pasta que presentamos primeiro explorándoa co sentido do olfato e rápidamente identificaron con masa de pan. E non era, pero case! Era pasta de sal.
Fixemos a PASTA DE SAL que se modela facilmente e seca ó aire endurecéndose en poudo tempo.
Modelamos con coidado e no noso traballiño.
Deixo a receita por se vos animades.
- 2 porcións de FARIÑA de trigo.
- 1 porción de SAL.
- 1 de AUGA (ir engadindo ós poucos segundo notedes que vai precisando.
Hai que ir removendo e se queda moi pegañenta engadimos fariña pouco a pouco. É rapidísima de facer e seca ó aire en 24-48 horas segundo o gordiño que o fagamos, se está ó sol etc.
Foi moi divertido traballar a masa e xogar un pouco con ela!
Quedou xenial!
Nestes días XOEL trouxo un libro que nos presentou e que iremos lendo ós poucos a próxima semana.
A próxima semana novo sistema e novas experiencias!!!
Aquí despedimos a semana co noso novo amigo!
GRAZAS A TODOS E TODAS POR COLABORAR, E A PRÓXIMA SEMANA MÁIS!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!