sábado, 26 de marzo de 2022

O SISTEMA NERVIOSO

 

Esta semana a adicamos a traballar sobre o noso sistema nervioso


O primeiro que fixemos foi buscar nos contos onde aparecía unha das partes mais importantes do sistema nervioso o CEREBRO



Tamén visionamos algún vídeo:



O CEREBRO está protexido dentro do cráneo e é o encargado de transmitir a información a todo o corpo a través dos nervios



Tamén falamos da importancia do SISTEMA NERVIOSO e as súas principais partes, repasamos a letras con rotulador

Pegamos o CEREBRO


os NERVIOS os puxemos cuns fios



e finalmente a MÉDULA con brillantina


Continuando coas capas do corpo, nesta capa dosistema nervioso fixemos un CEREBRO de quitar e poñer con velcro, e está unido á o brazo en forma de NERVIO para que se poda mover por orde do cerebro.

Primeiro repasamos as letras NERVIOSO con rotulador


Despois os NERVIOS


Picamos o brazo


e finalmente pegamos a MÉDULA

Como experimento desta semana foi cociñar cerebros e fixemos un con  xelatina neutra


e outro de fresa


despois de cociñar os botamos nun molde  e esperamos ao día seguinte


o resultado foi moi parecido a un cerebro de verdade, falamos que o cerebro está dividido en áreas e que cada unha delas da unhas ordes ou outras




coas cores e contagotas intentamos facer as áreas nos cerebros



despois de darlle cor tiñan moita curiosidade por tocar a ver que sentian, se estaba frio ou quente...




e finalmente querian probar a que sabía





Non lles sabía igual a todos!!fixadevos nas caras e xa se ve a quen lle gustou mais, foi unha experiencia xenial onde o pasamos moi ben.

A semana que ven continuamos, BO FIN DE SEMANA!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!