venres, 11 de marzo de 2022

O CORPO: SISTEMA NERVIOSO

 

Á volta das vacacións do entroido rematamos a manualidade do sistema óseo, para comezar co sistema nervioso.

Colocamos pasta nos diferentes ósos do noso corpo.

Picamos un brazo para facer as articulacións.

Para o cráneo fixemos PASTA de SAL, foi moi parecido a xogar coa plasti. Deixamos a receita por se queredes probar a facela na casa:
  • 2 porcións de FARIÑA de trigo.
  • 1 porción de SAL.
  • 1 de AUGA (ir engadindo ós poucos segundo notedes que vai precisando).
Hai que ir removendo e se queda moi pegañenta engadimos fariña pouco a pouco. É rapidísima de facer e seca ó aire en 24-48 horas segundo o gordiño que o fagamos, se está ó sol etc.
FOI MOI DIVER!!!

Resultado da manualidade ósea:

Tivemos unha sorpresa: coñecemos o noso amigo o ESQUELETO. Identificamos os ósos aprendidos no noso amigo.

Nesta semana, na pizarra estivemos vendo os diferentes órganos que temos, así como os diferentes sistemas, por exemplo; nervioso, circulatorio, dixestivo, ... (iremolos vendo máis en profundidade ao longo destas semanas).
Despois debuxámolos no libro:
Estos días andamos a traballar a letra c, e tivemos que ler esta palabra que se nos axeita moito co que estamos traballando. Algúns dos debuxos dos cerebros:


SISTEMA NERVIOSO
Fomos o recanto do corpo para ver que podemos averiguar sobre o sistema nervioso.

No traballo sobre o papel diferenciamos o cerebro, da médula e dos nervios. Empregamos gomaeva de brilli brilli para o cerebro, cartón ondulado para a médula e fíos que intentamos poñer por todo o corpo para facer os nervios.

O CEREBRO. QUE É E COMO FUNCIONA
Partes do cerebro. Destacamos o lóbulo frontal, xa que regula as nosas emocións.

MANUALIDADE DO SISTEMA NERVIOSO
Pintando o corpo
Escribimos as partes principais traballadas e despois colocamos un fío para comprobar como o cerebro envía ordes a todo o noso corpo.

EXPERIMENTO deste sistema.
O mércores tivemos moitas sorpresas. Viñeron os nosos compis de 4 anos para a nosa aula e fixemos XELATINA para comprobar como é a "textura" do noso cerebro. Empregamos as medidas que nos indicaba o paquete de xelatina de fresa. Unha vez feito, deixamolo arrefríar ata o día seguinte na nevera nos moldes con forma de cerebro.
Que guai facer actividades diver todos xuntos!!Grazas compis por vir a nosa aula a aprender todos xuntos.
O xoves empregamos o sentido do tacto para experimentar coas nosas mans a textura máis parecida o noso cerebro nos dous hemisferios; o dereito e o esquerdo.
Tamén a probamos. Na mistura do día anterior sobrounos unha cantidade que gardamos para podela saborear e así poñer a funcionar o sentido do gusto. Polas caras que vedes, para algún/algunha estaba riquísima e para outros/as...
E por último "pringámonos" un pouco e desfixemos os moldes dos cerebros.

XOGOS
Legos e moldeados en plasti.
A descansar equipo!! A vindeira semana seguiremos descubrindo moito máis!!
Bicos de sabores.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!