Continuamos coñecendo o corpo humano e esta semana achegámonos ó sistema nervioso. Como
sempre o primeiro foi investigar en libros. E logo en internet para imaxes e vídeos explicativos que nos axudaran a saber máis.Deixamos dous dos vídeos visionamos na aula para aprender máis.
Logo comezamos a pasar a papel o que investigamos. Como as partes básicas do sistema nervioso: CEREBRO, MÉDULA e NERVIOS. Tamén que o cerebro é o que manda en todo o noso corpo. O CEREBRO recibe a información a través dos sentidos e envía as ordes a través da MÉDULA e logo dos NERVIOS que chegan atodas partes. Empregamos goma eva brilante para o cerebro, cartolina en relieve para a médula e fíos para os nervios.
Quedou moi ben!
Tamén nos achegamos un pouco ás partes do cerebro e aprendemos que cada parte se ocupa dunha función diferente. Quedámonos con que o LÓBULO FRONTAL é o encargado da EMOCIÓNS, pegámoslle la amarela. Tamén pintamos o CEREBELO e o tronco encefálico que une coa médula espiñal.
Repasar as partes do corpo é algo co que seguimos traballando e para aproveitar todas as tapas de botella que vimos gardando dende o curso pasado, eleboráronse varios bingos. Esta semana comezamos cun bingo de partes do corpo. Con esta actividade centramos a nosa atención, traballamos a memoria e a coordinación visual, xestionamos a información, favorecemos a rapidez mental, repasamos as partes do corpo e o vocabulario, e moitas cousas máis ó mesmo tempo que pasamos un ratiño moi divertido cos compis!
Por suposto, continumos coas capas e nesta capa do sistema nervioso fixemos un CEREBRO de quita e pon con un pequeno velcro, este está unido á MÉDULA (feita cun cordón verello) que vai por dentro da COLUMNA VERTEBRAL (palliña) e sae cara o brazo en forma de NERVIO para que este se poda mover por orde do cerebro. Quedoulles estupendo.
Esta semana ademais fabricamos un cerebro!!! Fixémolo facendo unha visita á clase de 6º de infantil. Empregamos pos de xelatina, xa que a xelatina ten unha textura semellante ó tecido do cerebro.
Primeiro cheiramos os pos que arrecendían un montón ata coa mascarilla posta. Logo disolvemos en auga fervendo, removemos con coidado, mesturamos auga fría e deixamos nos moldes ata o día seguinte.
Por último, desfixemos a nosa obra maestra para experimentar esta textura tan rara!
Foi unha gran experiencia!
Rematamos a semana do sistema nervioso aprendendo que o sistema nervioso envía sinais a todo o corpo para que este funcione correctamente. Puxémolo en práctica traballando con ESCORNABOTS un robots xeniais que temos no cole para aprender dunha forma divertida. Así,comezamos experimentando e logo planificamos percorridos, cotamos, eliximos dereita-esquerda, etc.
Así, aprendemos que dábamos ordes que percorrían os cables e facían mover as rodas, igual que o noso CEREBRO envía ordes a través dos NERVIOS ata chegar os nosos MÚSCULOS para producir movemento.
Foi unha gran experiencia coa que repasamos e aprendemos un montón! Seguiremos as próximas semanas.
Grazas a todos e todas, continuaremos a próxima semana!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!