Esta semana a adicamos a experimentar e coñecer os sentidos do corpo.
Apareceron unhas caixas na aula que non entediamos moi ben que significaban e decidimos investigar que cousas tiñan e que podian ter que ver co noso corpo.
Despois da exploración falamos dos sentidos do corpo e vimos algún vídeo
No noso caderno nos fixamos que facian os nenos/as e que sentidos usaban
Despois desta actividade volvemos a usar os obxectos das caixas pero agora utilizando cada sentido, e rematamos a semana cunha ficha onde primeiro nos fixamos nas partes do corpo que utilizamos con cada sentido e as coloreamos, logo exploramos diferentes materiais e averiguamos con que sentido está relacionado e pegámolo.
E para rematar a semana LUCAS B. trouxo un "ESTETOSCOPIO" a palabra non nos sae, pero o pasamos xenial escoitando o sonido do noso corazón!
Esta semana tivemos duas encargadas maravillosas
e tamén xogamos no recuncho do corpo
e para a semana ENTROIDO!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!