venres, 11 de febreiro de 2022

O CORPO: CAPAS - A PEL


 Nesta semana continuamos repasando o visto ata agora, recibindo materiais para investigar, presentamos as capas e comezamos coa PEL.

Comezamos vendo

o libro dos 5 SENTIDOS de IZAN que o presentou diante dos compis e co que aproveitamos para repasar e poñer exemplos do que podemos facer cos 5 sentidos.


XOEL trouxo unha bata  de médico  da que comentamos os seus elementos e que xa é parte do noso recanto do corpo e á que volveremos máis adiante segundo vaiamos avanzando.

Tamén nos presentou un traxe-puzzle de órganos do corpo que nos foi explicando e que fomos montando e comentamos e do que fomos aprendendo máis segundo avanzou a semana.

Ademais comezamos a descubrir as capas do noso corpo e das que iremos investigando e aprendendo máis as próximas semanas!

Todavía non sabemos moito, pero grazas ós materiais que foron chegando e se foron presentando xa descubrimos moitas cousas e puidemos poñer en común o que sabíamos das imaxes que aparecían no libro e nos materiais de presentación. Pronto saberemos moito máis!




 Para ir tendo unha primeira aproximación xeral das primeiras capas que vimos nas presentacións do libro, busacamos  información...

Sobre os músculos...

Sobre os ósos...
Sobre os órganos...

Tamén buscamos imaxes que comentamos en internet e que nos solventaron algunhas dúbidas dos ultimos días.

Así, comezamos esta semana coa primeira capa do noso corpo: A PEL. 
Para empezar, falamos do que sabíamos sobre ela, como que hai distintas cores de pel, que ten pelos e cubre o nosos corpo.
Continuamos buscando algo de información nos libros do recanto e buscamos máis información atendendo a un vídeo. Así soubemos que a pel nos protexe, que grazas a ela temos tacto para saber se algo está quente ou frío, sentimos a textura das cousas, a presión se nos tocan, que suda se temos calor, que atrapa a vitamina D que nos da o sol...


E fomos gardando a información en papel ó tempo que practicamos lectoescritura e mates.

Fomos preparando a primeira capa da PEL para deixar en lugar visible para repasar e na que puxemos os nomes das partes básicas do corpo escribíndoas entre todos.
Pintamos con distintos tons, e por quendas foron escribindo.

Preparamos a folla da pel do que será o noso libro dos sistemas do corpo a medida que vaiamos avanzando.

Quedou moi ben a primeira capa a capa que protexe o nosos corpo do exterior.

Tamén falamos dos coidados da pel.

Como xa ven sendo habitual aproveitamos para xogar e recordar algunhas cousas que aprendemos pola semana e que retomaremos a próxima semana para ver máis detidamente.

Colocamos cada elemento no grupo adecuado e comentámos outros que coñecemos e para que serven ou ónde están.
COLOCA NO SEU LUGAR.
 
RESPONDE ÁS PREGUNTAS SOBRE A PEL (a veces hai varias respostas correctas)

VOCABULARIO PEL

Seguiremos aprendendo sobre as distintas capas do noso corpo nas próximas semanas.


Continuaremos a  próxima semana!!
Grazas a todos e todas por colaborar!!! 


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!