sábado, 26 de febreiro de 2022

CAPAS MUSCULAR E ÓSEA

 

Esta semana tan entroideira repasamos o sistema muscular e comezamos co sistema óseo. 
O luns e o martes repasamos os músculos, pintamos os músculos con témpera laranxa e recordamos o seu nome. Logo picamos un pouco ata o bíceps e colocamos unha goma, porque os músculos son moi elásticos.


Como falamos de que os MÚSCULOS son ELÁSTICOS e FLEXIBLES levamos a cabo unha experiencia fabricando SLIME.  Pasámolo xenial!!! 

Se o queredes facer na casa é moi sinxelo.
Necesitades:
  • 1 bote de COLA escolar branca ou de cor.
  • Unhas gotas COLORANTE alimenticio (opcional).
  • 1 cullerada de BICARBONATO.
  • 1 chorro de LÍQUIDO DE LENTES de contacto (ir removendo a poucos e engadindo ata que non quede pegañento).
  • ESCUMA DE AFEITAR (nós usamos unha taza aproximadamente, pero non tenque ser exacto)
Deixamos o vídeo por se o queredes facer. Empregamos a receita nº 4.



Proceso e resultado!!!!


Comezamos unha nova capa: a ÓSEA. No noso corpo temos moitos ósos. 
Aproveitamos o material que nos chegou da casa para introducirnos nesta nova capa e traballamos sobre o libro. Pola parte de atrás, debuxamos o noso esqueleto. Volvemos a ver os libros que temos no recanto do corpo para fixarnos ben nos ósos. 

Tamén visionamos algún vídeo:

Os ósos móvense grazas as articulacións. Estivemos xogando para descubrilas.
Traballamos no papel recoñecendo ósos e poñendo plasti nas articulacións.


Vídeo de datos curiosos sobre o esqueleto:

O corpo ten moitos ósos e podemolos ver mediante as radiografías

Seguimos coñecendo letras en pequeno. Esta semana traballamos coa "c" e estivemos lendo e debuxando partes do noso corpo. 

Toca descansar uns días, para seguir descubrindo máis curiosidades do ósos. Desfrutade do entroido equipo!!!!


Unha aperta de corazón!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!