xoves, 24 de febreiro de 2022

O CORPO: SISTEMA MUSCULAR


Nos últimos días achegámonos ó sistema muscular, que é un dos encargados do movemento. Comezamos investigando e descubrimos os nomes dalgúns deles como os FRONTAIS, PECTORAIS, ABDOMINAIS, BICEPS, XEMELGOS... Que son elásticos e se contraen e estiran.
Como sempre buscamos informción nos libros de clase, en internet e vídeos de internet.

Buscamos imaxes...

Tamén vídeos sobre eles.

Seguimos plasmando en papel as cousas que investigamos e decubrindo cousas novas sobre os músculos, como que están baixo a pel pegado ós ósos. Así que pintamos a pel, usamos palillos para facer os ÓSOS  do brazo (ÚMERO, CÚBITO e RADIO) que son duros e plasti blandiña para modelar un BICEPS e un TRICEPS que pegamos con coidado.



Tamén con plasti aplastada fixemos todo o sistema muscular e trazámolo co lapis dándolle forma. Quedou moi ben!




Pintamos con témperas e bastoncillos cada MÚSCULO  con moito coidado e logo cosemos con fío elástico un BICEPS.

Así temos unha folla máis para o noso libro de capas dos SISTEMAS do CORPO.


Como falamos de que os MÚSCULOS son ELÁSTICOS e FLEXIBLES levamos a cabo unha experiencia fabricando SLIME. Todos participaron e pasámolo xenial!!! Se o queredes facer na casa é moi sinxelo.
Necesitades:
  • 1 bote de COLA escolar branca ou de cor.
  • Unhas gotas COLORANTE alimenticio (opcional).
  • 1 cullerada de BICARBONATO.
  • 1 chorro de LÍQUIDO DE LENTES de contacto (ir removendo a poucos e engadindo ata que non quede pegañento).
  • ESCUMA DE AFEITAR (nós usamos unha taza aproximadamente, pero non tenque ser exacto)
Deixo o vídeo por se o queredes facer. Empregamos a receita nº 4.

Aquí tedes parte da preparación.

Aquí experimentando.

Podedes velos experimentando un pouco. (Podedes regular a calidade na rodiña)

Ademais esta semana contribuíron XELDA, XOEL e MARTÍN.
XELDA eleborou un xogo do CORPO cunha boneca e a roupa que precisa para vestirse. Fíxoo con papel epinturas de cores. Hay que emparexar coa parte do corpo que corresponde para que quede vestida e protexida. Gustounos moito e xa forma parte do recanto do corpo!



XOEL amosounos un conto fermoso que axudou a contar na clase. Entre todos comentámolo e recordamos algúns detalles sobre os bebés que xa falaramos noutras ocasións como a forma de alimentarse dentro da barriguiña de mamá. Gustou nos moito!



MARTÍN falounos dunhas imaxes dos seus DENTES que trouxo de cando foi ó DENTISTA. Explicounos como foi a súa visita e todos os utensilios que empregaba o dentista. Repasamos con él os nomes dos dentes e falamos sobre a hixiene bucal e as caries. 
Tamén nos amosou os instrumentos que se empregan para facer unha ANÁLISE de orina. Explicou amosándonos os frascos, e como se debía recoller o PIS e gardalo despois. Falou de como logo o analizaban nun laboratorio para ver se todo estaba ben, se tíñamos algún problema de saúde para poder darnos menciñas se fan falla.
Noutra ocasión presentounos unha canción de xogo motriz xenial que nos gustou moito e que logo repetimos todos xuntos!!!
Aquí deixamos o vídeo.

Rematamos repasando entre todos algúns dos músculos do corpo.

 
Proximamente remataremos o seguinte bloque e  amosarémolo como sempre no blogue.

Moitas grazas a todos e todas por colaborar!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!