Esta semana a dedicamos as fotos do noso corpo e a boca
Coñecemos duas formas de sacar fotos do noso corpo, a primeira cando somos bebés e estamos nas barrigas da nosa nai chámase ECOGRAFÍA.
LUCAS B. amosounas varias ECOGRAFÍAS de cando estaba na barriga da súa nai, distinguimos algunha parte que xa coñeciamos como a cabeza.
A segunda forma de ver o noso corpo e a RADIGRAFÍA onde pódense distinguir os nosos osos, por grupos observamos varias onde se veia o tronco, as costelas o pescozo...
Na ficha identificamos as radiografías cos osos do corpo
Logo tamén bailamos unha canción que encantounos para coñecer mais osos do noso esqueletoe na ficha localizamos algún dos osos aprendidos
Tamén falamos de que temos moitos dentes e que se caen cando somos pequenos, e que viña o ratiño Pérez a recollelos se estaban ben limpos, así que tamén aproveitamos para falar da importancia dunha boa alimentación para os dentes e a súa limpieza e que se non o facemos ben poñense negros os dentes e tíñamos que ir ao seu médico o DENTISTA
E os encargados da semana seguen a debuxar o seu corpo cada vez mais completo e o nome
SAMUEL D. ensinounos a manualidade que fixo na casa onde aparecen todas as partes da cabeza que estamos traballando, os ollos, cellas, nariz, boca, orellas e o pelo.
LUCAS B. trouxo unha manualidade do aparato dixestivo onde vimos que partes ten como o estómago, os intestinos e o ano, e falamos do que pasa no noso corpo dende que comemos unha mazá, cal é o percorrido que fai.
Fixemos unha parada na boca, nas suas partes (os dentes e a lingua) en que función teñen cada unha delas, os dentes cortar e machacar a comida e a lingua empuxala.
Seguemos a pasalo moi ben no recuncho do corpo
E os encargados da semana seguen a debuxar o seu corpo cada vez mais completo e o nome
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!