Comezamos a semana falando de como cambiamos dende que nacemos ata que somos maiores. Buscamos
imaxes en internet e comentamos todo o que observamos. Comparamos as diferenzas atendendo á idade e saíron moitas cousas interesantes!
Por suposto, tamén o traballamos en papel no libro e logo en ficha normal tras acordar o que íamos a debuxar e o que íamos buscar en internet para ordear cada momento da vida dende que somos bebés ata que somos avoíños!
Esta semana ademais XOEL presentou un xogo que preparou coa axuda da súa familia. Explicou que era por onde ía a comida e qie se podía ver o estómago, o fígado e as tripas. Falamos doutras partes que pronto investigaremos para coñecer mellor e saber máis do camiño que segue a comida.
Logo seguimoas cos 5 SENTIDOS.
Para iso comezamos falando do que sabíamos e XOEL explicou o minilibriño dos sentidos que trouxera a semana anterior parando en cada un. Puxemos exemplos do que podíamos facer con cada un e todos e todas foron poñendo exemplos.
Logo, por equipos, empregamos os libros do recanto do corpo para investigar. Buscaron primeiro as páxinas que falaban dos 5 sentidos.
Logo amosáronas e lemos o contido. Había unha chea de información interesante! Unha das cousas que nos chamou a atención foi que temos receptores /sensores por todo o corpo e en cada órgano dos sentidos mándalle a información ó CEREBRO que é o que manda e pensa no noso corpo.
Falamos moito dos sentidos e de que cousas facían por nós.
Logo pasamos todo a papel.
Tamén traballamos nunha ficha na que fomos incluíndo materiais relacionados con cada sentido para poder experimentalos.
-TACTO: plástico de burbullas.
-OLFATO: algodón con colonia.
Quedoulles xenial!!!
Aquí estabamos antes da merenda coas mans xa limpiñas probando o sal que puxemos na ficha.
Rematamos a semana repasando o visto e con xogos dos sentidos nos que fomos participando por quendas. Como nos quedamos sen luz, tivemos que xogar no portátil que por sorte tiña batería, e con algo de axuda da profe para manexarnos co rato, puidemos participar nos xogos ás veces sós e outras entre todos.
Como sempre deixamos os xogos por se os probades na casa.
ADIVIÑAS dos 5 SENTIDOS.
RULETA: QUE SENTIDO É?
RULETA: CON QUE SENTIDO FACEMOS CDAS COUSA?
"ORDEA AS LETRAS"
Continuaremos a próxima semana, xa que nos quedaron varias cousas pendentes moito por investigar!!
Grazas a todos e todas por colaborar!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!