Ao longo da semana estivemos traballando sobre as etapas da vida e como imos cambiando.
Comezamos a semana falando dos cambios que ocorren dende que nacemos ata que somos avós e avoas, buscamos imaxes en internet e ao mesmo tempo diciamos as diferencias dun bebé, dun neno/a, das mamás e papás e os maiores, logo de falar sobre todo isto fixemos varias fichas onde tivemos que ordenar as imaxes según as etapas da vida.
Relacionado coa alimentación saudable e a hixiene dental fixemos un experimento onde eles entenderon que os ovos son os nosos dentes, dímoslles de beber diferentes bebidas (zume, cocacola, kas limón e auga) contaron que algún bebía zume pero os demais só auga.
Despois deixámolos reposar uns días
E este foi o resultado
Todos os ovos estaban moi sucios menos o da auga, polo que eles seguerán bebendo auga, diranlle aos papás/mamás que non beban refrescos e se toman un zume lavaranse moi ben os dentes.
SAMUEL C. amosounos unhas radiografías das mans e os pés que gustáronnos moito.
e LUCAS B. trouxo un conto onde aparecen todos os sintemas que vamos ir traballando nas seguintes semanas e unha camiseta chea de cousas que fomos explicando que eran e para que lle servian ao noso corpo, rematamos cun xogo onde puxemos cada órgano no seu lugar, encantoulles e seguiremos xogando con el.
ademais de todo isto tamén xogaron no recuncho do corpo coas cousas que van chegando a aula
en INGLÉS tamén están aprendendo as partes do corpo con xogos!
e esta semana tivemos de encargados
ATA A SEMANA QUE VEN!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!