Comezamos repasando o que vimos na semana anterior. A pel. Repasamos partes do noso corpo e picamos esta silueta para montar unha pequena actividade.
Investigamos a seguinte capa do noso corpo: OS MÚSCULOS. Aproveitamos UN LIBRO que nos trouxo Lois para comezar a investigar sobre este tema.
Descubrimos que os músculos están e son...
Unha das actividades do libro permitiunos ver como eran. Estiramos plasti sobre o debuxo dos músculos do corpo humano. E unha vez que a tiñamos estirada, collemos o lápiz e raiámola.
Na ficha diferenciamos a pel, dos músculos e dos ósos. A pel pintámola, os ósos puxémoslle palillos e ós músculos seguimos empregando plasti.
O 23 de febreiro é o día de ROSALÍA de Castro, pero como a vindeira semana é a de entroido, decidimos celebrala esta.
Axudamos a decorar cos nosos compis de infantil unha Rosalía na que aprendemos a facer unhas flores. Xa veredes para á semana o chula que nos quedou. Na clase lemos un conto da historia dun poema moi coñecido de Rosalía e escoitamos unha canción.
Foi unha actividade moi diver e quedamos todos guapísimas e guapísimos.
Esta semana Thiago coa axuda da súa familia, trouxonos unha actividade relacionada co corpo para facer na clase. Tiñamos que ir facendo a nosa cara cos cores que nos decía. Unha vez que a tivemos rematada, Thiago quixo que fixeramos como na actividade do día do amor e da amizade. Metemos todas as fichas nunha bolsa e cada neno/a levou para á casa a cara do seu compañeiro/a.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!