venres, 24 de decembro de 2021

CASA-ESCOLA

 Nesta ocasión ímos deixar recollidas algunhas informacións importantes sobre cómo traballamos algúns aspectos na clase.

Esta entrada

xurde das dúbida que algúns comunicastes nas últimas conversas e para evitar contradiccións entre a casa e a escola.

Non se pretende que fagan deberes, nin a obriga de traballar na casa. Só se trata de que todos rememos na mesma dirección e lles facilitemos as aprendizaxes que están a realizar.

Recordade non regañar. Trátase de facer correccións positivas, reforzar moito o que fan ben e o esforzo. Que xurda un interés espontáneo pola aprendizaxe é o que queremos.

Así, aquí vos deixo algúns consellos e recursos adicados ós nenos e nenas da clase de azul, 5º de infantil.
Resultado de imagen de niños pequeños escribiendo
1.Coller ben o lapis sempre.
É moi importante que agarren correctamente o lapis sempre, xa que se se acostuman a collelo de forma incorrecta é moi difícil que perdan esa costume. Importante se escriben, debuxan, pintan....
Na clase estamos recordándoo a miúdo xa que favorece un bo trazo, que lles sexa máis sinxelo de realizar, e favorece unha postura corporal  máis relaxada. Tamén nos fixamos en que agarren á altura adecuada e non fagan forza.

Resultado de imagen de COGER BIEN LAPIZ
Ademais hai outras actividades que favorecen enormemente a boa prensión, como xogar con plastilina, xogar con pinzas da roupa, facer boliñas de papel cos dedos, empregar ensartables facendo colares por exemplo, rasgar papel, abrochar e desabrochar botóns, abrir e pechar botes, e en xeral actividades de manipulación con pezas pequenas ue requiran certa coordinación. Todas estas actividades forman parte do noso día a día no cole, e que tamén o sexan na casa, é imprescindible para que desenvolvan as súas habilidades manuais.

2. Valorar o esforzo e o interese.
Non queremos que teman o trazo, polo que debemos respetar o ritmo de aprendizaxe. Esto significa que as letras e números comezan sendo debuxos que pouco a pouco se aproximan a formas convencionais, polo que debemos valorar sempre o esforzo que fan.
As recomendacións que seguen con respecto ó trazo e demais, deben tomarse con tranquilidade, sen presionar e nin cohibir os cativos nos seus intentos. 

3. Sons vs nomes de letras.
Aínda que traballamos os nomes das letras "M = Eme, S = Ese...", acostumamos a usar habitualmente o son da letra "M = mmmm, S=ssss". Isto facilitálles moito o aprendizaxe. Así, se queremos axudarlles a escribir unha palabra, basta con ir decíndoa moi despaciño incidindo no son de cada letra. Que eles o imiten é xenial nestas aprendizaxes.

4. Ollo á dirección na que facemos as letras.
Resultado de imagen de niños agarrar lapiz


Se queren escribir o nome, copiar unha palabra, escribir letras sen máis ou outra cousa tede en conta a direccionalidade á hora de facer o trazo das letras. É moi importante! 
Neste curso, de momento traballamos só en maiúsculas.
Nós na aula facémolas así:


Se escriben números pasa o mesmo. Aínda que aparecen os números ata o 9 e imos traballándoos todos, neste curso avaliamos as grafías ata o número 6.
 Deixo tamén unha asamblea de repaso dalgúns contidos.
Se tedes algunha cuestión non dubidedes en poñervos en contacto!
Moitas grazas por colaborar!

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!