Comezamos descubrindo como son as nosas mans. A dereita e a esquerda.
As nosas mans queren saber. Mediante o tacto descubrimos que hai na caixa.Debuxamos o que tocamos e intentamos escribir os seus nomes. Parabéns equipo, estámolo intentando e está saíndo moi ben.
Mediante unha canción coñecemos como se chaman os nosos dedos.
Coas nosas mans tamén podemos xogar a descompoñer números. Neste caso o 2 e o 3.
Seguimos practicando a letra m. Desta vez na pizarra grande. As nosas mans son de moita axuda.
Se fai uns días co p debuxamos a papá, agora tócalle o turno a todas as mamás da clase. Moi ben artistas!!!!!
Coñecemos a Tomás mediante o seu conto: El libro negro de los colores. Este neno non pode ver as cores, dende a oscuridade dos seus ollos invítanos a descubrir as cores sen velas, ademais dos sabores, olores, sons e emocións.
Usamos as nosas mans para tocar e descubrir todo o que nos conta Tomás.
No libro aparécenos o abecedario en braille. Cada neno/a buscou a inicial do seu nome para colocar os puntos, así Tomás xa pode saber por que letra comeza o noso nome.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!