A próxima semana damos comezo a unha nova aventura co proxecto do CORPO. Traballaremos cos libros de texto en combinación con materiais de creación propia das mestras de infantil tal e como acostumamos a facer. Ademais iremos progresando a través dos intereses do alumnado e das investigacións na aula cos materiais de centro e que aportedes. Nesta ocasión queremos que as familias sexades parte da vida da aula e do proxecto. Para iso pedimos a vosa colaboración a través de aportacións que posibiliten investigar e xogar na aula e que devolveremos unha vez rematemos. Aquí deixamos a carta que se preparou por se sofre algún percance antes de chegar!
Se tedes dúbidas poñédevos en contacto con nós.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!