ACTIVIDADES QUE PODEMOS FACER NESTAS VACACIÓNS!!
- Autonomía: vestirse e desvestirse, calzarse e descalzarse, comer só, poñer e recoller a mesa, xoguetes,...
- Buscar
letras e palabras en revistas, etiquetas, carteis...para intentar recoñecer as diferentes letras e ir asociando palabras.
- Desfrutar das lecturas de contos.
- Debuxarse a si mesmo ou diferentes elementos que nos gusten. Tamén podemos recortalos e pegalos noutro folio para montar fermosas obras de artes, experimentando con materiais e técnicas plásticas.
- Contar obxectos que atopemos pola casa. Podemos escribir o número do que contamos.
- Xogar e pasar tempo en familia.
A modo de exemplo, poño aquí as letras en maiúscula e minúscula para xogar a recoñecelas e tamén as podemos trazar co noso dediño máxico. Acordádevos sempre se empezar polas flechas.
Cos números propoñovos un xogo, xa que estivemos xogando coas mans e os números, contar tantos dedos como número que repasamos.
LEMBRADE!!!!!SEMPRE O PODEMOS INTENTAR!!!!FIXÁDEVOS QUE BEN O FACEDES EQUIPO.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!