domingo, 19 de decembro de 2021

AS MANS: REMATANDO!!!

 Vaia últimos días tivemos na clase de azul!!!!

Á volta da ponte seguimos vendo cousas que se poden facer coas mans, neste caso recordamos que

se poden decorar. Falamos de cómo se podían decorar e lemos o conto UÑAS DE COLORES co que estivemos traballando. Ó día seguinte recollémolo nunha ficha coa que practicamos o trazo dos números, sumas e  lectoescritura cazando palabras. Logo decoramos unha man o noso gusto con pulseiras, aneis e pintando as uñas libremente con pinceis e cores variadas.

Quedaron moi chulas!


Outro traballiño que estivemos a facer foi na portada do proxecto das mans que quedou preciosa logo de picar, pegar e facer trazos variados.

Quedaron unhas portadas preciosas!!!!

Na chuvia de ideas inicial sobre qué sabíamos das mans e sobre qué podíamos facer con elas, saiu a experiencia coas plantas e xustamente estos días levamos para a casa as nosas plantiñas de PENSAMIENTOS que levamos coidanto todo este trimestre e que xa precisan de máis terra e sol. Por sorte conseguimos facelos crecer, non como o noso CICLAMEN, que morreu estes días... Agardamos que os PENSAMIENTOS sobrevivan e cheguen a nacer flores, xa nos contaredes!!!


E coas nosas mans facemos outras tarefas como o traballo de lectoescritura para o que nos adicamos con contos, xogos, co ordenador, a pizarra dixital, cazas de letras e de palabras,  puzzles, contos de letras,  pop it, imáns, pinzas de letras, etc.

Ademais empregamos unha ruleta para que nos foran tocando letras ó azar e poder repasalas todas.
Así, o encargado de cada quenda xiraba a ruleta e todos e todas facíamos o son da letra. Despois buscábamos palabras que empezaran con esa letra. Logo víamos un vídeo sobre a letra e bits de imaxes para logo propoñer todas as palabras que viramos e que se nos foran ocorrendo coa letra que tocara. Ás veces tivemos que buscar no ordenador para ter máis exemplos e logo facíamos unha votación para elexir qué palabra quería a maioría para recoller no libro das letras que estabamos a facer. Tamén recollemos exemplos de cada letra no noso mural de aula das letras.
É un traballo que nos demora bastante, pero que tamén nos resulta entretido. Traballamos un montón!


Tamén fixemos a portada do proxecto do SOL pintando cun GLOBO e entrenando a motricidade das nosas mans e dediños pegando la seguindo o trazo dos raios e pintando unha cariña simpática. Uns artistas como sempre!!!

As portadas do Proxecto do Sol quedaron fermosas.
Preparamos as bolsas practicando trazos con pinceis e con distintas cores e facendo pegadas coas nosas mans.

Quedaron moi chulas!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!