Rematamos o ano e o trimestre co cumple da nosa amiga Beatriz. Cumpliu 5 anos o luns 20 de decembro.
MOMENTOS PREVIOS O DÍA DA CELEBRACIÓN
1º Entre todos preguntámoslle a Beatriz cantos anos cumplía.
2º Mediante unha super ficha de cumple, intentamos colocar as velas na súa super tarta de UNICORNIO, é a que máis lles gusta. A tarta tiña un pouco de trampa, porque faltaban velas. Entre todos tivemos que contar que so tivera 5 velas, sen despistarnos de non poñer ningunha máis. Cada neno decorou a tarta do cumple de Beatriz.
3º Na ficha escribímoslle o seu nome na coroa e volvemos a escribir o número 5.
DECORACIÓN COROA
Cada neno/a ten a foto da súa cara, debe recortala, pegala nun folio de cor e facerlle o corpo, sen esquecernos de ningunha parte do noso corpo.
Foi un día super especial.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!