luns, 20 de decembro de 2021

O TACTO: XOGO E DIFERENTES TRAZOS para decorar os nosos traballiños!!!

 



Á volta da ponte seguimos traballando a lateralidade mediante o xogo do twiester. Diferenciamos a dereita e a esquerda a través das nosas mans e pés. Pasámolo moi ben. 



Estamos rematando  o trimestre, polo que estamos preparando as portadas e a bolsa para gardar todo o que traballamos estes meses.



GRAFISMOS QUE SAEN DOS NOSOS DEDOS.
Picamos unha man de gomaeva e despois dos nosos dedos saen raias e en cada oco facemos diferentes trazos.

Quedaron chulis, chulis.

Coas nosas mans seguimos descompoñendo os números. Nesta ocasión o 4, o 5, o 6 e o 7.

Fixéstelo moi ben este trimestre. PARABÉNS equipo!!!!!!!. Este luns 20, marchamos cargadiños para a nosa casa.

Pero antes descubrimos.....


Xa xerminou unha das castañas que puxeramos no mes de outubro. Que alegría levamos hoxe. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!