venres, 24 de decembro de 2021

CASA-ESCOLA


 Aquí vos deixo algúns consellos e recursos adicados ós nenos e nenas da clase verde, 4º de infantil para estes días de vacacións!


Resultado de imagen de niños pequeños escribiendo
1.Coller ben o lapis sempre.
É moi importante que agarren correctamente o lapis sempre, xa que se se acostuman a collelo de forma incorrecta é moi difícil que perdan esa costume. Importante se debuxan, pintan....
Na clase estamos recordándoo a miúdo xa que favorece un bo trazo, que lles sexa máis sinxelo de realizar, e favorece unha postura corporal  máis relaxada. Tamén nos fixamos en que agarren á altura adecuada e non fagan forza.

Resultado de imagen de COGER BIEN LAPIZ
Ademais hai outras actividades que favorecen enormemente a boa prensión, como xogar con plastilina, xogar con pinzas da roupa, facer boliñas de papel cos dedos, empregar ensartables facendo colares por exemplo, rasgar papel, abrochar e desabrochar botóns, abrir e pechar botes, e en xeral actividades de manipulación con pezas pequenas ue requiran certa coordinación. Todas estas actividades forman parte do noso día a día no cole, e que tamén o sexan na casa, é imprescindible para que desenvolvan as súas habilidades manuais.

2. Valorar o esforzo e o interese.
Non queremos que teman o trazo, polo que debemos respetar o ritmo de aprendizaxe. Esto significa que as letras e números comezan sendo debuxos que pouco a pouco se aproximan a formas convencionais, polo que debemos valorar sempre o esforzo que fan.
As recomendacións que seguen con respecto ó trazo e demais, deben tomarse con tranquilidade, sen presionar e nin cohibir os cativos nos seus intentos. 

3. Sons vs nomes de letras.
Aínda que traballamos os nomes das letras "M = Eme, S = Ese...", acostumamos a usar habitualmente o son da letra "M = mmmm, S=ssss". Isto facilitálles moito o aprendizaxe. 

4. Ollo á dirección na que facemos as letras.
Resultado de imagen de niños agarrar lapiz


Estamos a comezar a traballar coa inicial do seu nome, tede en conta a direccionalidade á hora de facer o trazo das letras. É moi importante! 
Neste curso traballamos só en maiúsculas.
Nós na aula facémolas así:


Se escriben números pasa o mesmo. Aínda que aparecen os números ata o 10 neste curso traballamos as grafías ata o número 4.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!