venres, 4 de abril de 2025

Yayoi KUSAMA

 Coñecemos a unha artista que lle gustan moito os círculos e os puntos, chámase Yayoi Kusama.
Momentos da asamblea

Pablo este venres trouxo un calendario de razas autóctonas, onde imos tachar os días. 
Coñecemos a Yayoi Kusama: a artista dos lunares, dos círculos e dos puntos.

Vídeo informativo:

Investigamos:


As cores que empregaba.
ARTISTEANDO (empregamos gomets de cores e decoramos unha foto nosa).
Pintando con bastoncitos un cadro de Yayoi con diferentes cores.
Super coloridos e de diferentes tamaños.
Conto dos amigos ao estilo Yayoi. Empregamos a témpera vermella para facer puntos de diferentes tamaños.
Desexar que os bos momentos non acaben nunca. Nesta ocasión debuxamos a Thiago e a Alma.  Moi ben artistas!
ARTISTADA (Repasando a Warhol coa nosa foto, pintamos coa témpera sólida e unha vez que secou, repasamos co rotu negro os ollos, boca e cellas).
Bo finde artistas! Para a semana máis.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!