venres, 11 de abril de 2025

A semana antes das vacacións: arte e horto!

  Esta semana coñecemos a un novo pintor, chámase Kandinsky. Seguiremolo traballando a volta das vacacións. Fomos ó horto plantar o aguacate de Luca e "artisteamos".

Momentos da asamblea
Practicando a escrita das palabras.

Practicando as restas.

KANDINSKY. (Arte abstracta)
Pintaba formas xeométricas: círculos, cadrados, triángulos e rectángulos. Ademais de líneas e puntos coas cores que pintamos na paleta.
No libro de Van Gogh, andamos descubrindo que lle gustaba pintar. Pintaba flores.
Decoramos un xirasol, primeiro repasamos unha simetría e despois decoramos o xarrón, cada un como quixo. As flores do xirasol pintámolos con témpera e no centro puxemos virutas de afiar os lapis de cores. Unha vez que secou decoramos con rotus de cores dous xirasois máis para simular o seu cadro dos XIRASOIS.
Na ficha do conto fixemos círculos ao modo Kandinsky coas cores laranxa, verde e amarela.
Escribimos: axudarse uns a outros e esta semana debuxamos a Martina e a Anxo. Pouco a pouco imos completando o libro con todos os nenos.
O mércores saímos o horto plantar o aguacate de Luca. Plantámolo no bancal de secundaria, a profe Rosa, deixounos un cachiño para nós. 

Revisamos a nosa plantación. Parece que todo vai polo bo camiño. A ver como está a volta das vacacións.
FAMILIAS, grazas por colaborar!
Thiago trouxonos este cadro esta semana. Explicounos como fixera. Pintouno con bastoncitos e son unha flores moi chulas, axudouno a súa mami. Entre todos debatimos que flores serian as que pintou.
O venres fixemos unha actividade diferente. Saímos o patio a observar as árbores que vemos dende alí e debuxamos. As follas das árbores pintámolas cos bastoncitos para empregar a técnica de Thiago.

Que mellor forma de marchar de vacacións, artistas!
Descansade, xogade e desfrutade. Boas vacaións peques!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!