mércores, 9 de abril de 2025

GRAZAS ROCÍO!

  Hoxe tivemos unha visita das que nos gustan, a das familias. Rocío a mamá de Pablo ensinounos os traballos que fan na 3D do papá de Pablo.

Fomos a aula de polos do cole, alí temos unha impresora 3D.
Ensináronos traballiños que fan na casa: xoguetes, elementos decorativos, nomes en grande, matrículas e todo o que imaxinamos, podemos diseñalo e levalo a cabo nesta impresora.

Xogamos cuns xoguetes de equilibrio. Pasámolo moi ben intentando que non nos caeran as pezas. Pablo axudaba a todos.

Rocío e Pablo explicáronnos mediante un vídeo como se diseña. Mostraron un chaveiro que despois nos agasallaron a cada un. Neste caso era o diseño da profe:
O segundo vídeo era facendo o chaveiro na súa impresora. No cole encendemos a nosa 3D para facelo ao mesmo tempo. No cole so podemos facer con un solo filamento, neste caso puxemos o filamento de cor branco. A dos papás de Pablo ten moitos filamentos de cores. O filamento é o material que se funde para facer os diseños da 3D.
Finalizamos esta visita cun agasallo para todos os nenos dun chaveiro personalizado co noso nome. Moitas grazas familia Vigo Vázquez por este agasallo tan bonito.

Moitísimas grazas pola visita. Pasámolo pipa descubrindo os xoguetes que fan na casa de Pablo. 

Unha foto de recordo da visita da mamá de Pablo no último ano de infantil.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!