domingo, 30 de marzo de 2025

Día da poesía 21 de marzo


Para conmemorar do día da poesía escribimos palabras e versos en galego nunha maceta. Decoramos con debuxiños e prantamos unhas plantiñas!

Clase de VERDE

Durante a semana traballamos a poesía a través do libro de Van Gogh, das cartas que lle escribiu o seu irmán.


Tamén co libro de BECHOPOEMAS limos varias poesias de animais para despois decorar a nosa maceta, primeiro fixemos probas no papel 

e despois...a debuxamos na maceta


Clase de AZUL

Na clase de azul escribimos un anaco dunha poesía de Xosé Neira Vilas:
"AMIGUIÑOS TODOS,
AMIGUIÑOS XA,
OS NENOS DE AQUÍ,
E OS NENOS DE ALÁ."
Unha vez escrito, pegaron as letras do nome do autor. Logo falamos de que querían debuxar para decorar a maceta e por quendas foron colaborando todos.

Quedou moi chula!
Por último puxemos terra, metemos a plantiña e regamos!


Clase de VERMELLO
Na clase de 5 anos escribimos dous versos dun poema dun caracol.

Decoramos con caracois, flores, sol e nubes.
 Uxía plantou a nosa planta. Chámase primaveira e ten moito cor.




Entre todos escribimos e decoramos un folio cos versos escritos na maceta. Eleximos estes versos porque os caracois gustanlle moito as plantas.















Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!