venres, 4 de abril de 2025

PROXECTO DE ARTE:3 ANOS

 Esta semana falamos de LEONARDO DA VINCI, pintor, inventor...

Unha das obras máis importantes foi a MONALISA e nos fixemos a nosa particular, primeiro dimos unha base de acuarela da cor que elixiron, foi un poco dificil pintar con auga, pero non nos quedou mal!

deixamos secar e puxemos as letras

e logo a fixemos ao noso gusto porque a de Leonardo tiña pouca cor
Tamén seguimos coas nosas artistadas, esta semana pintamos con pezas de construcción de diferentes tamaños, contamos os puntiños e cambiamonos as pezas, a cor elixida o VIOLETA
Están chegando moitas herbas da contorna que estamos a gardar, pero MARTIÑO trouxo un SAUCE e un CARBALLO e decidimos plantalos a ver se crecen e despois transplantalos a nosa horta.
XIANA B. coa chegada da primavera fixo un nido con dous fermosos paxariños
No libro de VAN GOGH vimos que aproveitaba a noite para traballar e tiña como técnica poñer no sombreiro velas.
Un dos cadros máis coñecidos de VAN GOGH foi a NOITE ESTRELADA e así quedou a nosa
Primeiro pintamos o ceo de azul con pincel

Despois fixemos o título con rotulador
con cera negra, e ceras de colores...
as estrelas de amarelo e moito brilli brilli




ICÍA presentounos outro pintor MONET que debuxaba flores dentro da auga, queda pendente de investigación
e seguimos con MIRÓ tamén 
e para rematar a semana usamos unha ruleta de Miró que trouxo ICÍA e uns dados que conteñen as formas máis usadas de MIRÓ e xogamos con elas a debuxar según a cor e a forma que tocaba, pasámolo xenial!






e con esta obra de arte despedimos a semana, BOA FINDE!!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!