Dúas semanas de traballo duro! Na clase de azul adicámonos os nosos miniproxectos, ós proxectos de grupo, e a avanzar no libro de Van Gogh.
Agardamos poder amosar en breves unha parde dos proxectiños!
Rematamos o mes de MARZO e preparamos a gráfica do mes para poder comentala entre todos!

Seguimos avanzando no libro de VAN GOGH a medida que imos investigando.

Continuamos co traballo sobre as letras.
A reciclaxe nunca remata, estamos moi concienciados!!
Cada un avanza nos seus miniproxectos!
Nestas 2 últimas semanas achegámonos a ANDY WARHOL. Descubrimos que facía cadros nos que repetía imaxes de elemntos famosos da súa época e que os decoraba con cores moi chamativas.
Recreamos a súa obra de MICKEY MOUSE.
Seguindo o seu exemplo cada un elixiu o seu miniproxecto sobre Warhol.
Plasmaron en papel o que investigaron sobre ANDY WARHOL.
Nestes días tivemos tamén a oportunidade de escoitar a exposición de ALEN R. que nos mostrou unha pila de traballiños que fixo coa súa familia sobre PICASSO!
Mostrou unha escultura e 2 cadros xeniais! Falounos de como os fixeron e encantounos tocar os materiais. Ademais trouco unha baralla de imaxes de obras de PABLO PICASSO.

Visitamos a horta! Revidamos e están crecendo moi ben moitas das plantiñas que se plantaron. Ata sairon un par de fresas!
Á VOLTA DAS VACACIÓNS MOITO MÁIS!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!