Esta semana seguimos artisteando con MIRÓ e VAN GOGH
MIRÓ ten moitas obras pero parecidas nas súas líneas, cores...
Recordamos que tamén era escultor
Máis obras de MIRÓ
un pouco de escultura
fixemos de todo, deixamos xa a MIRÓ para comezar con outro pintor ou pintora a volta das vacacións.
Tamén falamos das obras máis importantes de VAN GOGH gustábanlle as flores, facer autorretratos, a súa casa...
as cores máis usadas que eran o amarelo e o azul, gustándolle máis o amarelo
Seguemos a traballar a grafía do noso nome, dos números...
Tamén fomos ao horteiro recolectar as fresas que naceron, pero non chegaron a moito, ainda que dixeron que estaban moi boas.
ANTÓN trouxo unha fermosa mariposa propia desta época, toda chea das cores das flores.
ICÍA presentounos a dous pintores máis a MONDRIAN coa súa composición azul e amarelo, onde primeiro lle deron cor ao arroz e despois o pegaron, quedoulles fantástico.
e KLIMT ca súa árbore da vida
A árbore para mín é o símbolo da vida. As raíces representan a nosa familia, de onde procedemos, onde nacemos, a nosa casa ou o lugar onde escollemos vivir e botar raíces. Algo que nos permita sentirnos conectados con esta terra. Somos como troncos, altos ou baixos, delgados e delicados ou fortes e robustos, rectos e delgados ou lixeiramente curvados polo peso das pólas. As ramas simbolizan a nosa vida, e cada rama simboliza á súa vez as posibilidades que temos para escoller os camiños, as direccións que tomamos e as experiencias resultantes. As follas da árbore e as flores son froitos das nosas ideas, da nosa creatividade e do noso traballo. Para unha nai, poden simbolizar os fillos, algo que nace de nós.
O máis bonito das árbores é que non lles custa medrar, só existen e se expanden. E ás veces, coma nós, intentan chegar lonxe coas súas pólas e tocar o ceo.
CON ESTE PENSAMENTO DESPIDO O TRIMESTRE! ATA A VOLTA QUE SEGUIREMOS ARTISTEANDO. BOAS VACACIÓNS!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!