venres, 21 de marzo de 2025

Falamos de Picasso!

  Luca e Alma coincidiron esta semana traendo cousiñas para o recanto do proxecto sobre o pintor español Pablo Picasso e por iso esta semana coñecemos algo máis deste artista.


Momentos da asamblea:



Traballando no libro. Picando e pegando o que empregan os pintores.

Escribindo pintor e pintora.
Libro dos amigos: Non dar importancia ao noso aspecto, nesta ocasión debuxamos a Luca e a Daniela. Algúns exemplos....
CONTOS VIAXEIROS (Este venres sae de viaxe a nosa proposta dos contos de equipo de mesa). Agardamos que pasedes tempo en familia con esta actividade creando e imaxinando xuntos.

OS EQUIPOS DOS GRANDES CONTADORES DE HISTORIAS DE 5 ANOS!!!

Había unha vez un albaricoqueiro.... (falta Daniela na foto).

Érase unha vez  unhas cabazas nun horto...(falta Uxía e Luca na foto).

Érase unha vez un papel...
Había unha vez unha cenoira e unha leituga...(falta Abrahán na foto).


FAMILIAS, grazas por colaborar!
Noa coa súa mamá fixo estas dúas artistadas. Fixo unha bolboreta con pegatinas e folios de cores e a cara dunha nena e púxolle o pelo coas cores dos folios.
Luca fixo coa súa mamá un cadro de arte cubista. Títulase El gato. Na arte cubista empregaban as formas xeométricas.
Actividade complementaria de Picasso. Falamos del e elaboramos este collage con unha cara. Diseño e cores dos propios nenos. Podemos decir que este autor foi o creador dos collage.
Así o expuxemos na nosa galería de arte.
Alma trouxo un libro de Picasso e una manualidade. 
Coñecemos como foi a vida de Picasso, con Luca falamos do cubismo e do colaxe e con Alma do periodo azul e rosa.
Ata falamos da Guerra civil, porque moitos bisavós foron a esa guerra que houbo en España. Vimos un cadro moi famoso de Picasso que é o Guernica.

A manualidade é unha árbore de froitas onde o vento sopraba moi forte.


Debuxando a Pablo Picasso.

Martín trouxo dous marcapáxinas feitos con moita arte, axudoulle a súa mamá e ata lle botaron brilli, brilli.
O noso recanto da arte comeza a ter moito cor. Moitas grazas!

Grazas por reciclar pilas!

Ata luns peques! Bo fin de semana.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!