Hoxe tivemos a visita da familia de Daniela. Como nos gustan as visitas familiares!
Xuntos imos facer un móvil decorativo para adornar onde nos queiramos coas fotos de todos os que estamos hoxe na clase.
Recortando as fotos para colocar no móvil de recordo de todos.
Coñecemos a irmá de Daniela, porque sempre nos está a falar dela e mentras todos traballamos, Ángela tamén se divertía.
Os papás de Daniela cortaron os fíos de cores para que despois os nenos puidesen colocar as súas fotos. Os cordóns tiñan abalorios e unha campá.
Moitísimas grazas Ana, Ángela e Manuel por vir a nosa aula pasar un ratiño con nós. Pasámolo moi ben.
Unha vez que preparamos os cordóns coas fotos, so quedou montalo nestes depresores.
Un recordo do paso de Daniela en 5 anos coa súa familia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!