xoves, 27 de marzo de 2025

GRAZAS familia REGUEIRO FERNÁNDEZ!

  Hoxe tivemos unha visita moi especial, os papás de Iria. Os dous son químicos e fixemos experimentos coas cores.

Primeiro contáronos un conto moi bonito. Sete dentes de león de Ledicia Costas.

Para pasar os experimentos. No primeiro trouxeron lacasitos de cores e puxémolos nun plato facendo un círculo. 
Ao botarlle auga quente...
Iria ensinounos a súa caixa de colorantes, había un montón, igual as cores dos lacasitos; porque os lacasitos conteñen moitos colorantes.
Seguinte experimento, facemos unha flor con filtros de café, un rotu e auga. Os papás de Iria cortaron en trociños o filtro e repartiron un a cada un.
Nese trociño pintamos un círculo no centro, coa axuda de Leticia, a mamá de Iria, cortamoslle un cachiño e metemoslle outro trociño de papel de filtro nun vaso con auga. 
Esperamos uns minutos e mirade que chulada. Os papás de Iria dixéronnos que se empregamabamos cores oscuras que quedaba mellor difuminado.
Recortamos.
E o papá de Iria, Juan, foinos poñendo un pau para a nosa flor.
Último experimento, temos que observalo ao longo do día.
A mamá de Iria usou algún vaso de antes, botou auga un si e un non e despois botaron colorantes.
Colocaron papel de cociña.
Toca agardar a ver que pasa. 
As nosas flores de cores.
A volta do recreo observamos como os vasos baleiros tiñan cores. Por exemplo: se mesturamos a vermella coa amarela, sae laranxa e así co resto das cores. Que chulada.
Moitísimas grazas familia por vir a nosa aula. Pasámolo xenial con estes experimentos e co contiño. Grazas por colaborar nesta iniciativa porque o máis bonito é ver os vosos fillos super felices cando nos vides visitar.
Unha foto para o recordo do paso de Iria cos seus papás na clase de 5 anos.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!