venres, 28 de marzo de 2025

Moita sorte SAAD no teu novo cole e traballamos a Andy Warhol!

 Esta semana traballamos con un autor moi colorido. Chámase Andy Warhol.

Momentos da asamblea

Xa coñecemos moitas letras en minúscula, poucas nos quedan de saber facer.


Coñecendo o autor: ANDY WARHOL. É o creador do POP ART.


Empregaba cores moi coloridas: violetas, rosas, fusias, verde, negro, blanco e laranxa. Usaba debuxos, artistas e productos da publicidade.

Traballando sobre a técnica do POP ART! Xenial artistas. Que ben quedou o Mickey Mouse.
Conto, nesta semana fixemos os círculos co lapis e decoramos con rotus ou lapis de cores. Nesta ocasión debuxamos a Aron e a Rihana.


FAMILIAS, grazas por colaborar!
Vaia sorpresa trouxo Lucas. Unha foto do seu cumple o estilo Warhol. Axudoulle a súa mamá e a impresora.
Artistadas de Pablo, o centro de interese do noso compi son os tractores e vaia obras de arte fixo con acuarelas.
Noa pasou uns días na casa enferma pero aproveitou para debuxarnos a todos e traer moitas obras de arte.
Grazas pola reciclaxe de PILAS!


MARCHA SAAD! O noso compi marcha para outro cole noutra comunidade. Moita sorte, botarémoste moito de menos. En Cospeito deixas grandes amigos. Volve cando queiras. Os nenos fixeronlle uns debuxiños de recordo.



























O venres fixemos unha mini festiña para despedir a Saad.
Querémoste!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!