CLASE de VERMELLO
CLASE de VERDE
Esta semana estivemos a traballar cos fósiles de dinosaurios, como se formaban e quen os atopaba os "PALEONTÓLOGOS/AS" para conmemorar o Día da Muller contamos a historia de Mary Anning que naceu na vila de Lyme Regis en Inglaterra
De pequena iba co seu pai a recoller fósiles ao acantilado preto da súa casa que despois vendía aos turistas. Pero un día tivo un accidente e morreu, e Mary comezou a recoller fósiles todo o tempo para gañar cartos. Con doce anos atopou un esqueleto completo pero os científicos quitaronlle o descubremento por ser muller. Pero segue descubrindo esqueletos de dinosaurios e axudanlle a que poida abrir a súa tenda, e que seña recoñecida porque axudou a asentar a base da idea da extinción das especies.
Esta semana como a adicamos tamén a prensa, fixemos unha noticia dedicada a Mary Anning
Tamén usamos os xornais que chegaron a nosa aula para buscar a letra "i" pequeniña, custounos un pouquiño porque atopamos moitas letras, de moitos tamaños, formas, cores... pero despois todos/as atopamos moitas.
CLASE de AZUL
Na clase de azul polo Día da Muller coñecemos a Mary Anning cun conto na PDI para coñecer a súa historia, vimos uns vídeos e imaxes en google.
Logo falamos de como a súa historia e a de moitas outras mulleres levou á conmemoración do día da muller a través da reflexión e o visionado dun vídeo explicativo.
Ademais para a Semana da Prensa traballamos con xornais lendo os nosmes de varios deles, vendo que se dividen en seccións segundo o tema do que falan, elementos básicos (imaxes, pés de foto, titulares, texto da noticia...), diferencias entre xornais (a cor, branco e negro...), e lemos algunhas partes.
Noutra ocasión empregamos xornais para cazar letras, titulares, fotos, pés de foto...
Tamén elaboramos a nova da semana sobre as conmemoracións que tivemos e sobre as que traballamos na aula.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!