CLASE de VERMELLO
Na clase de 3 anos descubrimos a esta escritora tan importante para Galicia. Todo o cole participou nesta actividade, os nenos e nenas máis maiores escribiron versos dos seus poemas e a nós tocounos ilustrar.
Xunto os nosos compis de infantil fixemos estrelas.
Decorando as estrelas por detrás para colgalas despois no corredor da biblioteca.
Debuxando a Rosalía (solo a súa cara)Despois de falar da escritora Rosalía de Castro e recordar o proxecto do primeiro trimestre, das persoas que escribian, dímonos conta que Rosalía escribía diferente "poemas" despoís de escoitalo varias veces e analizar que palabras saian nel, decidimos que fariamos para ilustralo (estreliñas, a lúa e o camiño).
Repasamos as palabras es decoramos a Rosalía
Despoís recortaron moitas estrellas, e así practicamos coas tesoiras, logo decidimos decoralas con rotuladores facendo debuxos e formas xeométricas.
Para facer a lúa usamos as temperas e mesturamos a cor branca e negra con esponxa
CLASE de AZUL
Na clase de azul comezamos falando do que sabíamos de Rosalía e recordábamos moito doutros anos: era galega, escribía poemas, viviu fai moito... E mesmo recordaban algún verso!
Vimos un vídeo dos Bolechas sobre Rosalía no que fala precisamente do poema que recordaban.
Logo lemos un dos poemas de Rosalía que escribiron os nenos e nenas de primaria para colaborar na decoración do corredos da biblio. O poema titúlase: "Fun un domingo".
"Colléume a noite,
noite brillante
cunha luniña
feita de xaspes,
e fun con ela
camiño adiante,
cas estreliñas
para guiarme,
que aquel camiño
sólo elas saben."
Preparamos estreliñas entre todos.
Traballamos o poemiña e gardámolo en papel de recordo desta conmemoración.
Logo preparamos retratos de Rosalía que montamos no corredor da biblio.
Para ver os traballos de todo o colexio premer en:
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!