Nos últimos días descubrimos máis datos sobre a importancia de Mary e as súas investigacións e o por que de que sexa coñecida como a NAI DA PALEONTOLOXÍA.
Nas nosas investigacións xa estudamos que Mary descubrira fósiles moi importantes como o ICTIOSAURO, o PLESIOSAURO e o PTEROSAURO ou PTERODÁCTILO.
Repasamos e continuamos a nosa investigación nunha páxina moi completa especilizada en Mary Anning.
Nas nosas investigacións xa lemos e vimos que a MARY ANNING lle roubaran outros científicos moitos dos seus fósiles para dicir que fora cousa deles, o que recollemos en papel.
Pero nestes días decubrimos a maior razón da importancia dos seus descubrimentos. Cada vez que Mary, dunha forma similar a como facemos na aula, facía un descubrimento ela estudaba os restos con moito coidado, comparaba os descubrimentos con animais e recollía en papel todo que observaba e todas as súas teorías ó respecto.
Grazas a ela repasamos o que sabemos deste animal acuático parente dos dinos que percorrían a terra.
Todas estas aportacións son xeniais e dannos a oportunidade de repasar e imaxinar un mundo cheo de animais fantásticos e incribles!
Ela cando atopou restos como o do ICTIOSURO e o PLESIOSAURO afirmaba que eran animais diferentes ós que vivían na Terra e que xa eran coñecidos, pero os científicos máis recoñecidos negaban que fora verdade e decían que eran animais actuais. Grazas ós descubrimentos fósiles de Mary Anning, ó seu traballo e estudos, a que nunca se deu por vencido e a outros científicos que a seguiron, a comunidade científica tivo que recoñecer que os restos que atopaba eran animais que se extinguiran facía miles de anos e que moitos animais actuais eran unha evolución dos mesmos.
Así, os descubrimentos de Mary puxeron as bases para a teoría da EXTINCIÓN e da EVOLUCIÓN por selección natural dos seres vivos de Charles Darwin e hoxe están amplamente demostradas por múltiples probas e estudos.
Ademais grazas a ela e a outros científicos posteriores creouse unha nova ciencia que emprega os fósiles para reconstruír formas do pasado para coñecer máis deste: a PALEONTOLOXÍA.
Por último achegámonos a outro dos seus maiores decubrimentos, os COPROLITOS. Xa saíran nas nosas investigacións, pero non chegamos a buscar sobre eles.
Decubrimos que eran unhas formas cilíndricas fosolizadas, que resultaron ser feces de dinosaurio!
Grazas a eles descubriron que comían e como vivían!
Decubrimos que eran unhas formas cilíndricas fosolizadas, que resultaron ser feces de dinosaurio!
Grazas a eles descubriron que comían e como vivían!
Seguimos investigando...
Así, aproveitamos a forma cilñindrica dos coprolitos para falar dalgunhas formas con volume ás que nos estamos a achegar en clase.Experimentamos nestes días con estas formas na mesa de luz, con pezas de madeira, buscando formas semellantes na aula e na nosa contorna. E nesta ocasión traballamos xunto cos coprolitos de Mary.
Seguimos con outro dos fósiles que descubriu Mary Anning, o un PTEROSAURO, un lagarto alado que logo chamarían: DIMORFODÓN.
Investigámolo un pouco e descubrimos que era un reptil con ás , cun cerebro pequeno, cabeza e pico grandes e cunha bolsa semellante á dos pelícanos no pico. Vimos que era bastante pequeno e lixeiro.
Aquí vimos como usan a bolsa do pico os pelícanos para facernos unha idea.
Gardamos a investigación en papel.
Grazas a todos os seus esforzos e traballo duro de investigación hoxe sabemos máis do pasado e Mary Anning é recoñecida a nivel mundial.
Rematamos a semana facendo unhas Mary Anning de recordo!
Empregamos gomaeva, cartulina, pintura de témperas, pintura de barra, depresores, agulla e fío... Un traballazo!
Por fin rematadas agardarán ata que volvamos das vacacións!
Aquí as Mary xunto cun dos descubrimentos elixidos por cada un.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!