xoves, 30 de marzo de 2023

MARY ANNING

 

Estas semanas estivemos traballando nos descubrimentos de Mary Anníng

Mary Anning foi considerada a nai da paleontoloxía por todos os seus descrubrementos e investigacións dos fósiles
Eleximos o dinosaurio e fixemos fósiles

A pesar de todas as súas investigacións non foi valorada por ser muller
Así de bonitos quedaron os fósiles que fixemos
LEO trouxo unha linterna de dinosaurio da súa casa e deunos a idea de facer unha para cada neno/a
Primeiro pintamos o tubo
eleximos a pegatina e puxemos a goma
e finalmente xogamos a adiviñar entre todos/as que dinos aparecian
Tamén fixemos un xogo que nos acompañará durante o proxecto, primeiro tivemos que recortar todas as figuras geométricas (cadrados, triángulos, circulos...)
e despoís xogamos a construir dinos coas diferentes formas, sairon de todos os tipos

e para rematar decoramos o sobre onde o gardaremos

Con 11 anos Mary descubriu un ictiosaurio, o buscamos nos libros do recuncho
Despoís os pintamos co pincel
e tamén o debuxamos con todas as cosas que aprendimos (ten aletas, cabeza cun ollo tan grande como a cabeza dun humano, e parece un delfín...)
Tamén atopou os primeiros restos dun plesosaurio como os demaís é vertebrado e primeiro pintamos os seus osiños

e cando apagamos a luz, SOPRESA!!! brillaba o seu corpo
Despois fixemos de arqueólogos buscando os osos do plesosaurio
despois clasificamos e pegamos na columna, nas aletas, nas costillas, no cranio...
Finalmente pasamos ao papel todo o aprendido

O recuncho o temos cargadiño de cousas, moitas grazas por todo o que estades colaborando, porque nos axuda moito nas nosas investigacións!
Temos xogos novos para practicar os números anterior e posterior

CLAUDIA trouxo este xogo de habilidade que lles encanta
ZOE trouxo un CORNOTAURO que en breve o investigaremos
LUCAS trouxo outro libro para o recuncho
Aquí tamén contan dinos, e así aprenden xogando!!!
KATIA trouxo unhas formas de dinos que decoramos na clase como nos foi decindo
CLAUDIA trouxo un BRONTOSAURIO que pronto investigaremos tamén

Tamén atopou o primeiro TPERODÁCTILO, primeiro coma sempre o buscamo e investigamos cousas sobre él (ten a boca coma un serrucho para comer peixes, é vertebrado, nace de ovos, e pequeno, pode voar...)
Deixovos unha canción que lles gustou moito
e completamos a ficha
MIA debuxou a MARY ANNING
Pintamos e recortamos
cosemos
e finalmente pegamos todas as partes e así nos quedou a nosa Mary Annig, tamén a debuxamos

Esta semana chegaron cousas das avoas e aproveitamos para falar das cousas que elas fan como
plantar na horta

debullar, con este aparello que pensamos que era un ventilador

cociñar

e calcetar

FABIO trouxo un velociraptor é un estegosauros

LEO un ovo que xogamos a imaxinar que habria dentro,e non acertamos era un DILOPOSAUROS que queda pendente de investigar a volta

CLAUDIA un diplodocus

LUCAS B un libro para axudarnos nas investigacións da volta das vacacións

e para rematar antes das vacacións falamos dos CROPOLITOS que son as cacas dos dinos e que grazas a elas os científicos puideron saber que comian os dinosaurios, e teñen forma de CILÍNDRO

Pasade unhas boas e merecidas vacacións, a volta seguiremos investigando, deixo actualizada a ASAMBLEA en recursos con un xogo de dinos que lles gusta moito.
VÉMONOS A VOLTA!!!!











Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!