xoves, 9 de marzo de 2023

DINOS: Camiñando entre dinos en Panxea!

 Dende entroido estivemos investigando o mundo no que vivían os dinosaurios, xa que o noso planeta cambiou moito ó longo dos anos. Nas nosas investigacións saíra o nome que lle daban a terra dos dinos: "PANXEA". Descubrimos que a terra era unha soa na que vivían todos os dinos terrestres e o resto de mar era o oceano chamado: PANTALASA.

Tamén buscamos en internet...
Para entender un pouco mellor como funciona os movementos que transformaron o planeta experimentamos coas "pezas do puzzle" que forman o noso planeta e vendo como se moven xuntándose e separándose e falando dalgunhas das capas do noso planeta.

Recordamos os vídeos que viramos sobre o tema e as investigacións anteriores e preparamos unha imaxe grande da terra na época da PANXEA.
Como falamos deste tema chegou material relacionado, como este puzzle de PANXEA que trouxo XOEL.


Traballamos en papel para que queden rexistradas as nosas investigacións. Para iso observamos e reflexionamos e fireron unha secuencia. Coñecemos o primeiro dinosaurio que existiu: o Nyasasauro. E despois comom foron pasando os anos e os animais foron evolucionando aparecendo cada vez máis dinosaurios ó tempo que os continentes se foron separando ata ser como é hoxe.


Foi un duro traballo...

Pero quedou moi ben!
Logo buscamos información de ónde se cre que vivían os dinos que fomos investigando ata agora. Como vivían en Panxea atopáronse fósiles en varios partes do laneta, pero pouco a pouco fomos colocando os dinos nun mapa grande en clase. Iremos completándoo a medida que vaiamos investigando máis dinos.

Aquí podedes ver como imos colocando algúns dos dinos...

Seguimos investigado dinos como puidestes ver no mapa. Primeiro vimos o CARNOTAURO. Moi semellante ó T-REX, pero con cornos e máis rápido!
Investigamos.

Gardámolo en papel.


Investigamos o BRAQUIOSAURIO. Tiñamos ganas de velo. Descubrimos por fin que o bulto da fronte é a nariz e que era enorrrrme, entre outras cousas.
Investigamos.


Gardámolo en papel.

Vímolo en 3D. Primeiro en tamaño real e logo en peque para  ver detalles.


Traballámolo con DINOXEOMETRÍA.


Soubemos máis do TRICERATOPS.
Investigamos.



Gardámolo en papel.


Vímolo en 3D.

E seguiron chegando materiais!





ADAM tróxonos unhas imaxes do logo de JURASIC WORLD, MUNDO XURÁSICO, sendo moi interesante para falar da etapa xurásica da que estudamos en clase e falando dalgúns dinos que vivían naquer tempo!


MARTÍN traballou coa súa nai realizando un dosier dos seus contactos con dinos, escribindo os títulos e con imaxes grandes que nos encanta ver no recanto. Explicouno xenial!


ADRIANA  fixo unha manualidade moi chula cun debuxo de T-REX e unha pinza. Explicouno xenial e gustounos moito e empregámola no recanto! Ademais tamén nos compartiu as súas garras de dino!


IZAN trouxo un debuxo moi chuli de PARASAUROLOFUS  e de T-REX   que empregamos para repasar o que sabemos. Trouxo varios dinos dos que nos falou e explicou en detalle. Tamén compartiu con nós un xogo que nos explicou con calma. 
Tamén trouxo unha manualidade máxica con cera blanca e acuarela para traballar  no recanto de arte !


LUCÍA VILLARES trouxo un POP-IT  precioso de PARASAUROLOPHUS. Falounos del e falamos de como podíamos empregalo. Falamos de técnicas de relaxación, mates... Fíxoo moi ben!


ENZO compartiu un dos seus debuxos! Describiuno e explicounos o que recordaba dos dinos do debuxo: BRAQUIOSAURIOS!





XOEL participou nestes días cun par de libros de investigación, un xogo memory, unha lanterna proxectora, un ovo de PARASAUROLOFUS, e un dino fermosísimo parecido a un T-REX. Explicouno moi ben e xa o estamos usando todo!













Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!