A semana pasada coñecemos unha paleontóloga: Mary Anning. Esta semana elaboramos algún fósil dos seus descubrimentos.
Esta semana seguimos descubrindo máis sobre a nosa paleotóloga preferida, a través dun conto coñecemos a súa historia. Despois debúxamola.
Mary é considerada a nai da paleontoloxía por todos os seus descubrimentos e investigacións. Naceu en Inglaterra, polo tanto falaba como a profe Cova e a profe María de plástica: o inglés.Na pantalla observamos que grande é o mundo porque buscamos onde viviamos nós e onde viviría Mary. Decoramos a bandeira de Inglaterra seguindo as instruccións que nos mandaban os números e as cores. Que ben saíu.
Con só 11 anos encontrou o primeiro esqueleto dun ICTIOSAURIO. Descubrimos letras e repasámolas. Empregamos unha cera máxica para colorear o esqueleto.
Tamén encontrou os primeiros restos dun PLESIOSAURIO.
Estes restos atópanse no museo da historia natural de Londres. Fixemos un crebacabezas con unha imaxe do museo. Primeiro pintámolo coas acuarelas.
Para finalmente montalo e pegalo.
Esta semana usamos pasta de modelar para facer fósiles. Fixemos o ICTIOSAURIO de Mary e o DIPLODOCUS (coñecemos varios dinos, pero éste é que máis nos gusta de todos).
Dende moi pequena Mary axudaba ao seu pai a buscar fósiles nos acantilados de Lyme Regis, para vendelos e gañar cartos para a súa familia.
Lembraredes que a anterior semana Samuel faltou cando Daniela e Thiago contaron o seu conto, esta semana como xa volveu ao cole contounolo.
Seguimos a traballar o noso nome, desta volta a buscar as nosas letras con pinzas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!