venres, 24 de marzo de 2023

DINOS: Teatro, poesía, Mary Anning e o plesiosaurio!


Comezamos a semana cunha actividade da mestra en prácticas Uxía que traballou con teatro de sombras.

Para a actividade os nenos e nenas da clase deseñaron

a historia, personaxes... Fixérono en pequeno grupo e logo chegando a acordos.

Deseñaron ós protagonistas e elementos  básicos dos escenarios con cartulinas e rotus de cores que logo cortaron.



Logo fixeron a representación con teatro de sombras en pequenos grupos diante dos compis e foi estupendo!


Esta semana celebramos o DÍA DA POESÍA con dinos! 

Para iso escoitamos algunhas, examinamos cancións xestuais e as súas rimas, un conto coñecido rimado... E por fin en grupo foron buscando rimas e compoñendo unha poesía moi simpática. Aquí tedes o resultado!



Seguimos as nosas investigacións sobre dinos e sobre a paleontóloga Mary Anning!
Así,  achegámonos ó PLESIOSAURIO, un réptil acuático, cuxo fósil foi atopado por Mary Anning na agora coñecida como costa xurásica por todos os descubrimentos fósiles que fixo Mary nesta área.
Un animal moi diferente ós que vimos ata agora . E cuxo fósil se atopa no Museo De Historia a Natural de Londres.


Aquí podedes ver como un grupo de compis recrearon un museo de dinos.


Decubrimos moitas cousas interesantes deste animal. Como que é acuático pero podía saír da auga, que era carnívoro comendo peixes e réptiles pequenos, que os había de moitos tipos e tamaños ...

Investigaron nos libros e en internet en artigos, imaxes e vídeos.


E atoparon un artigo de National Geografic falando do descubrimento de fósiles de plesiosaurios pequenos en España, en Castellón.

Recollémolo en papel..


Entre todos decidiron qué escribir e a forma. Logo recolleron en papel.

Unha gran investigación!



Repasamos partes deste dino empregando a PDI, rotus fosforitos. E logo apreciámolo con luz negra!


Logo, na seguinte fase, fixemos unha reprodución do esqueleto enpregando pasta e legumes diferentes para cada parte.


Aquí o seu traballiño!


Por último, recollemos o que sabíamos ata o momento do que pasaba cos seus descubrimentos mentres vivíu e como outros científicos se beneficiaron do seu duro traballo.



Nestes días seguiron chegando materiais!


LUCÍA RÍO     tróuxonos dous novos dinos: un T-REX e un ANQUILOSAURIO. 
Estivo falándonos deles e recordamos algunhas cousas básicas.








XOEL compartiu con nós uns debuxos que fixo dun ICTIOSAURIO e dun AMONITE. Falounos deles e da súa relación con Mary Anning.







LUCÍA VILLARES amosounos unha carta na que se decatou que parecían dinos. Uns T-REX!







ADAM trouxo unha chea de debuxiños de DINOS moi chulos e moi ben feitos. Foi presentándoos e flamos un pouco deles.





A próxima semana máis!



















Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!