Comezamos o 2º trimestre con unha nova estación, O INVERNO.
Os primeiros días de clase deste novo ano comezamos con unhas PAISAXES INVERNAIS: pintamos o fondo do noso debuxo coas cores do inverno: azuis, brancos e oscuros. Empregamos pinceis e esponxas. Despois co pincel debuxamos unha arbore sen follas, propia desta época e neve. Rematamos escribindo a palabra inverno a nosa paisaxe.
Resultado final:
Outra artistada:
A nosa man é máxica, non so é unha man, pode ser.....cinco bonecos de neve!!!. Veredes que chulos quedan. Primeiro estampamos a nosa man de branco nunha cartolina negra.
Collemos papeis de cores para facer 5 sombreiros e poñelos encima dos nosos dedos.
Finalmente cos rotus de cores decoramos as súas caras.
Ao longo deste trimestre seguiremos descubrindo máis datos interesantes desta estación.
Deixovos a canción que escoitamos estos días:
Ata a seguinte!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!