domingo, 30 de xaneiro de 2022

O CORPO E AS SÚAS PARTES

 

 Esta semana seguiron chegando traballiños das casas para coñecer as distintas partes do corpo

SARA amosounos todas as partes do corpo nunha silueta do seu tamaño e podemos distinguir moi ben as diferentes partes no que se divide o corpo: cabeza, tronco e extremidades.

Despois vimos cada parte pos separado, as pernas e os pes, os brazos e as mans, e na cabeza os ollos, a nariz, a boca, as orellas e o pelo.


Con MIA aproveitamos os seus debuxos tamén a recordar as diferentes partes do corpo e a xogar coas pezas da cabeza.


ZOE trouxo unha manualidade feita con plastilina onde nos explicou onde estaba cada parte do seu corpo e aproveitamos para sinalalo no noso.

CARLA tamén nos trouxo un corpo coas súas partes que amosou a todos os compañeiros/as

Despois destes días onde traballamos moi ben as partes do corpo por fora, empezamos a coñecer as de dentro, o noso corpo te un esqueleto que protexe as partes mais importantes do noso corpo na cabeza o cerebro que é o que manda no noso corpo.




Na asamblea todos os días tamén traballamos como somos e como son as letras do noso nome


E xa temos aberto o recuncho do corpo onde podemos xogar con todas as cousiñas que van chegando ao cole, GRAZAS por colaborar.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!