sábado, 22 de xaneiro de 2022

O NOSO CORPO

Comezamos o segundo trimestre co proxecto sobre o corpo e con moitas ganas de ensinar e aprender cousas novas.
 

Os primeiros días da volta ao cole adaptámonos outra vez as rutinas do día a día que xa tiñamos adquiridas e as novas  que fomos introducindo como xogar cos compañeiros do noso equipo polos diferentes recunchos da aula, 


o encargado de cada día ten que facer máis tarefas na asemblea como debuxar e poñer o seu nome, recoñecer números e figuras xeométricas…tamén empezamos a traballar no caderno do corpo e con materiais novos como os punzóns e rotuladores… están sendo unhas semanas de descubrir moitas cousas novas.


Para comezar co corpo primeiro falamos do que xa coñecen



Tamén están comezando a chegar moitos materiais das casas que nos axudan a facer mais fácil as aprendizaxes cando son os propios compañeiros/as son os que contan, e eses materiais tamén os usaremos para crear o recuncho do corpo onde despois poderán xogar e ver todas as cousas que foron chegando, está sendo novo ver aos seus compañeiros contar as cousas que traen, que o están facendo moi ben e nos gusta moito porque estamos descubrindo que o noso corpo ten moitas cousas que descoñecemos.

HUGO explicou que para facer o debuxo tirouse no chan e a súa nai debuxouno e despois tivo que pintar todo e comprobamos que de verdade estaba feito a tamaño real.



LUCAS B tróuxonos unhas radiografías polo que descubrimos que debaixo da nosa pel temos osos e que sen osos non poderiamos manternos en pé, e fixo co seus primos un esqueleto.



Tamén dous contos  nos que vimos que debaixo dos osos hai moitas cousas como o  cerebro, que tamén temos un corazón, pulmóns, estómago…



No conto de MARTINA vimos moi ben o esqueleto que ten moitos osos



CLAUDIA fixo un debuxo e trouxo un conto onde aparecían as cousas que xa coñecemos, que temos unha cabeza, brazos, mans, pernas, pés pero xurdiu a duda si nos pés teriamos os mesmos dedos que nas mans, así que contamoslle os dedos a Claudia e sí comprobamos que son os mesmos.

SAMUEL C contounos que fixo un debuxo coa axuda da súa nai

KATIA tamén fixo un debuxo do seu corpo tan grande como ela e como a súa irma tamén quería fixo pola parte de atrás.

LEO trouxo dos xogos un é unha ruleta que según onde toque temos que tocar esa parte do corpo e así estamos aprendendo xogando novas partes do corpo descoñecidas aún por eles é un puzzle para poñer as partes do corpo que lles encantou poñer e quitar as súas pezas.


FABIO contounos que ao seu irmán se lle caera un dente e amosounos unha foto, dámonos conta que na boca temos moitos dentes que temos que investigar a ver cantos, e que ademais eses dentes cáense, e que cando se caen nos dan unha moeda de chocolate as fadas o un ratiño non nos quedou moi claro.

MARA e ANA traían una foto que rapidamente dixeron que eran elas pero que estaba moi escura que non se lles vía, pero claro estaban na barriga da súa nai e parece que alí está moi escuro.

Temos moitas investigacións abertas  con todas estas cousas que chegaron xa ao cole,MOITAS GRAZAS POR COLABORAR CON NÓS!!! 

Onte acabamos a semana pesándonos e medíndonos, observando que todos temos dous ollos pero de distintas cores, todos temos pelo pero de distintas cores, a nosa cor de pel e tamén distinta así que aínda que temos as mesmas partes todos somos diferentes.




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!