sábado, 22 de xaneiro de 2022

O CORPO: ARRINCAMOS!

 Comezamos un novo proxecto moi ilusionados e con moitas ganas. Para dar o pistoletazo de saída enviamos ás casas unha nota pedindo colaboración das familias. Así

empregaremos os materiais para xogar, investigar e proveer o recanto do corpo que agardamos poder abrir pronto.
Sorprendémonos con que xa chegaron unha pila de cousas que foron expoñendo diante dos compis. Pouco a pouco iremos recorrendo a eles para investigar segundo vaiamos avanzando no proxecto, outros serven de motivación e ilustran as explicacións diarias.

Ó mesmo tempo comezamos o libro do proxecto plasmando todo o que se nos ocorreu que xa sabíamos do corpo logo dunha chuvia de ideas e todo o que queríamos saber.

Arrincamos a semana cunhas presentacións relacionadas con ósos estupendas! A raíz das súas explicacións falamos do que sabíamos dos ósos e aparte de que son duros, do nome CRÁNEO e costelas,  e que están baixo a nosa pel, non soubemos moito máis, polo que teremos que investigar moito e indagar cos mateiriais que chegaron!

ENZO foi un dos primeiros. Mostrounos unha manualidade que nos explicou que era un ESQUELETO. Contounos que empregara palillos, pegamento e cartolina negra.  Tocamos as nosas COSTELAS e o noso CRÁNEO comparando co que nos amosaba ENZO, que sensación máis rara!


RUTH amosounos un debuxo xenial que fixo cos seus pais. Explicou que eran ósos e que os tiñamos nas mans e que eran pequeniños. Tocamos as nosas mans mentres observábamos o debuxo, qué cóxegas!

XOEL trouxo varias cousas para amosar. Explicounos que traía radiografías, que eran fotos nas que se ven os ósos. Díxonos que eran súas e de súa irmá e fixámonos ben nelas. Foi moi curioso ver "cousas" que est´n dentro do noso corpo. Ademais tamén se distinguían a pel e os pulmóns. Collemos moito aire e soltámolo varias veces para sentir como se hinchaban e desinchaban os pulmóns e  movían as costelas.
Tamén nos trouxo un libro para qu poidamos investigar. Seguro que recorreremos pronto a el. Amosounos as súas páxinas e díxonos de que falaban.

TEO compartiu o seu xogo OPERACIÓN. Explicou cómo se xogaba para que todos disfrutaran do xogo cando abramos o recanto. Como había un sitio para cada cada peza: corazón, ósos... e que había que empregar unhas pinzas con moito coidado para poder atrapalas. Fomos facendo preguntas e TEO explicou que os médicos operaban a veces ás persoas cando estaban maliñas. 

XELDA trouxo unha boneca articulada e un debuxo que fixo desa boneca e no que escribiu o nome de varias ARTICULACIÓNS. Así, explicou que as articulacións son por onde nos doblamos: CÓBADO, XEONLLO, NOCELLO, HOMBREIRO, CADEIRA, PULSO... Foi lendo os nomes e dobrando cada articulación na boneca ó tempo que todos repetíamos o mesmo movemento no noso corpo.


IVANA explicounos que traía unha foto dela de BEBÉ dentro da barriguiña da súa nai. Explicamos que era unha ECOGRAFÍA e que era parecida á radiografía. Pasou por todas as mesas e quedaron moi sorprendidos!!! Imaxinamos ós bebes aí dentro descansando e agardando para saír.
Tamén nos trouxo un libro do corpo humanos que nos foi amosando e que en breves empezaremos a empregar no recanto do corpo e nas nosas investigacións.


LUCÍA RÍO presentounos primeiro un debuxo que decorou con moito coidado. Ex plicou que se podían ver os ÓSOS do ESQUELETO, o CORAZÓN, o FÍGADO, as TRIPAS e o ESTÓMAGO. Algunhas partes non tíñamos moi claro qué podian ser ou para qué eran, así que temos que investigar. 
Logo amosounos un puzzle das partes do corpo. Cada neno/a da clase achegouse para colocar unha das pezas e ver cómo se facía e o importante que era fixarse nas letras cando xogaran no recanto do corpo.


IZAN participou cun puzzle das "capas" do corpo. Explicou que primeiro se podía ver a roupa, logo a PEL, os MÚSCULOS,  os ÓRGANOS e os ÓSOS. Temos moito que investigar xa que se nos escapan moitos nomes.
Cada neno/a colaborou colocando algunhas pezas de cada capa. Tiveron que fixarse moito!

Ademais trouxo un ESTEROSCOPIO e explicou que o empregaban os MÉDICOS para escoitar o CORAZÓN. Así, toda a clase experimentou escoitando o corazón e a respiración de compis de clase. Seguiremos empregñandoo noutras ocasións nas nosas investigacións.



AARÓN trouxo unha manualidade coa que experimentar. Elaborou coa súa familia uns pulmós que se poden hinchar e desinchar como os de verdade! Explicou cómo o aire entra pola nariz e a boca, baixa por un "tubito" e chega a unhas bolsas que son os pulmóns. Todos/as estenderon moi ben o funcionamento e quedaronnos algunhas úbidas que teremos que investigar máis adiante.

DANIELA compartiu con nós unha manualidade/xogo do CORPO que elaborou coa súa familia.  Nela explicounos que podemos ver algúns dos órganos que temos dentro do noso corpo: PULMÓNS, CORAZÓN, FÍGADO, ESTÓMAGO,TRIPAS. E o mellor é que é o meso tempo un xogo o levar postos velcros para poder despegar, mesturar e buscar o sitio asecuado a modo de puzzle. Así, todos os grupos pasaron a probar e aprender a xogar coa colaboración de Daniela! 

MARTÍN tróuxonos a súa colaboración e contounos que era un debuxo no que podíamos ver o CORAZÓN que nos explicou que era o "motor"do corpo e que tamén decorara as VEAS de vermello e ARTERIAS de azul. Explicou moi ben cómo o corazón ten dentro sangue e que vai por todo o corpo por veas e arterias. Por fin sabemos o nome deses "tubiños" que víamos estes días! 

Ademáis trouxo un ELECTRO que explicou facían os médicos e que  "era do corazón". Levouno pola clase para que todos observaran cómo era e descubrimos que as liñas que se podían ver eran como as letras, era como se escribía o son do corazón. 

LEIRE colaborou cunha manualidade/xogo estupenda que preparou coa axuda da súa familia. Explicounos que era como un puzzle para montar a boneca coas partes do seu corpo. Cada grupo participou no xogo para montala ó tempo que fomos nomeando as partes, contandoas e falando sobre o que sabían elas.

Por último, ADAM tróuxonos un xoguete que nun primeiro momento nos deixou sorprendidos ata que nos explicou un pouco. Contounos que era unha guitarra, que con ela facía música e que se podía escoitar coas orellas e tocar coas mans. Así amosouna e decidimos buscar este instrumento no ordenador e escoitar algunhas cancións para fixarnos ben no que nos contou. Primeiro escoitamos unha guitarra eléctrica e todos comezamos a movernos ó seu ritmo. Logo ecoitamos unha acústica que nos fixo bailar,sentir felices e deu ganas de cantar. Logo con outra relaxámonos totalmente. Falamos sobre isto e démonos conta de que a música facía que os nosos corpos cambiaran nun intre. Foi unha gran experiencia que seguro repetiremos!
Deixamos as que máis nos gustaron na clase!

Unha das primeiras actividades en papel que fixemos foi nomear partes básicas do corpo, localizalas no noso corpo e logo en papel.


Seguimos fixándonos en algunhas cousas que sabemos sobre o corpo e ás que non lles prestamos moita atención no día a día. Fixámonos primeiro nos OLLOS. Dixemos a cor que nos parecía que tiñan, os compis comprobaron para pintalos cada un da cor que tocaba. Logo empregamos as cores da PEL que temos buscando cada un/ha a máis semellante á súa. Pintamos os BEIZOS e por último o PELO. Observaron o seu pelo e os compis comprobaron. Algúns engadiron accesorios de cor, pero mantiveron a cor que máis se lles parecía, a forma (liso, ondulado, rizo) e o longo.

Seguindo coas diferencias medímonos e pesámonos comentamos os que eran máis altos,  os que menos pesaban os que pesaban igual ou case... 

Tamén o deixaron por escrito no libro logo de comparar o tamaño dos pés que nos faltara o día anterior.

Como vedes, nesta semana estamos repasando todo o que xa sabemos do corpo e achegándonos ás nosas características persoais. 
Rematamos a parte de traballo en papel da semana cunha poesía do libro. Escoitando con atención fomos completando un debuxo moi completo que rematamos coas características de cada un que fomos traballando nesta primeira semana de proxecto. Sen dúbida cada vez esmerámonos máis e vense os resultados!
Podedes velos revisando e mostrando este último traballiño da semana.


Outras das actividades que nos serviron de resumo semanal foron as que fixemos xogando na PDI. Deixámolos aquí por se queredes xogar na casa.
O primeiro xogo foi de adiviñas e saíu xenial!
Logo divertímonos nomeando partes e facendo xogos de movemento con cada parte que ía aparecendo coa ruleta. Rimos un montón e cansamos moito!

Por último lemos entre todos e unimos cada nome coa parte que correspondía.

Seguiremos contando os nosos avances próximamente.
Moitísimas grazas por colaborar a todos e todas!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!