domingo, 30 de xaneiro de 2022

BONECOS DE NEVE e UNHA PEQUENA SORPRESA!!!

 Seguimos traballando o inverno, nesta ocasión fixemos uns bonecos de neve. Están feitos coas letras do noso nome en letra pequena.

Para facer esta nova artistada da estación na que estamos precisamos moitos círculos, un cadrado e un rectángulo. Os círculos son para para facer a cara do boneco e tamén para o corpo. Collemos tantos círculos como letras ten o noso nome. O cadrado e o rectángulos son para facer os sombreiros do noso simpático boneco. Tendo todos os materiais necesarios so precisamos tixeiras e moita arte para levar a cabo esta tarefa.
Resultado:


A profe colgounos da bola do noso cor de mesa. 
SORPRESAAA!!!!!!Mirade como está medrando a nosa castaña de outono, cada día está máis bonita e temos moitas gañas de que medre para poder ir plantala á fóra.


Seguimos argallando máis cousiñas do inverno!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!