venres, 10 de outubro de 2025

PROXECTO DAS CORES: O lobo que quería cambiar de cor.

  Estos días coñecemos a un lobo que non lle gusta nada o seu color. Iniciamos así o proxecto das cores. 

Momentos dos encargados/as na asamblea. Dependendo dos días a asamblea dura máis tempo ou menos.

Rematou mes e fixemos reconto do tempo, canto choveu, cantos días fixo sol...



Xa todos fomos encargados e entón volvemos a empezar.

A semana pasada comezamos o conto do lobo e o primeiro que descubrimos foi a súa cor negra.

O lobo lobito (así lle chaman os nenos/as), non lle gustaba nada o seu color, buscamos pola clase obxectos de cor negra, despois decidimos facer unha araña coas nosas mans e a témpera negra.


Descubrimos o pegamento e como se pega, seguiremos perfeccionando este material tan chamativo. Como estamos a traballar a cor negra identificamos as letras dese color en cada oco e despois pegámolas. 
Unha vez que a nosa araña secou, puxémoslle uns ollos de cores para que puidese ver e pintamos o lobo lobito coa cera negra.
Momentos de traballo na mesa e sobre o papel.
Andamos practicando co noso dedito máxico na asamblea a facer o número 1 e esta semana intetámolo facer na pantalla.
Esta semana tocou a cor verde. 
O luns o noso lobito probou a pintarse de cor verde, unha vez que secou, foi mirarse ao espello e non lle gustaba nada porque parecía unha rá.

Puxemonos man a obra para facer unha rá. Para iso, pintamos dous círculos, eses que son moi redondiños. Un verde como a rá e outro máis pequeno de cor vermella que sería a boca da rá.
Unha vez que a recortou e pegou a profe, os nenos debuxaron os ollos e as patas. 
Valorare sempre o traballo feito, porque estes peques están a facelo moi ben. Chulísimas estas rás.
Pintando o noso lobito de verde. O verde pode ser clarito ou oscuro.
Hai moitas formas de identificar e asociar, e eso están facendo estes peques. Non coñecen as letras, pero; están a buscar as que son iguais. Moi ben!

Momentos en calma de traballo.
Momentos de xogo libre.

A mesa TUFF TRAY
Esta mesa coñecéstela na anterior publicación. Cada semana aparece cargada de sorpresas. A semana pasada había que seguir as liñas sen saírnos con elementos que había encima. 

Esta semana traballamos a cor verde e os números. Tiñamos un xardín con xoañiñas. 
Entre todos xuntamos cada xoaniña co número correspondente. Andamos a traballar o número 1. 
Despois tocou traballar a motricidade para exercitar a nosa man. Debiamos coller o arroz verde coas pinzas cazo.



Tamén andamos a debuxarnos, practicamos nas pizarras e tamén sobre o papel.
Que chulis os nosos debuxos de nós mesmos!
Xa están no noso recanto da arte.

Manualidades da estación: O OUTONO, seguimos coa canción do outono e di que as folliñas caen; imos facer as folliñas en diferentes cores do outono. Neste caso amarelo e vermello.
Rematamos esta manualidade con tempera que estampabamos co pincel desas cores que empregamos antes.
Xa vos ensinaremos onde as imos colocar. Canto traballan estes peques!!

E rematamos este venres facendo un erizo. Primeiro fixemos raias pequeniñas por todo o seu corpo con rotu.
Despois cun pincel fixémoslle as súas púas.
Que bonitos quedan, deixamolos a secar para colgalos a vindeira semana e así decorar a nosa aula.

Para a semana argallaremos moito máis! Bo fin de semana.

Recordade que este finde podedes ir sacar unha fotografía para o concurso de fotos da nosa contorna do cole relacionado co outono:

https://amaxiadosaber.blogspot.com/2025/10/concurso-de-fotografia-do-outono-e-nosa.html#more

1 comentario:

  1. Moito traballan, da gusto velos!!! 🥰
    E moito traballa a profe tamen, q lles pon actividades super chulas!!!🥰

    ResponderEliminar

Deixanos aquí os teus comentarios!