luns, 13 de outubro de 2025

MÚSICA ROCK: CATRO ANOS

 

Esta semana entramos no cole con música ROCK

Comezamos a semana traballando a grafomotricidade de maneira divertida e relacionada coa temática do outono. Durante esta sesión, traballamos a grafomotricidade a través do xogo do dado das formas. Un neno ou nena tira o dado, e segundo a forma que sae (círculo, liña recta, espiral, onda, zigzag, etc.), todos realizamos o trazo correspondente no aire, na mesa e na ficha. Ademais falamos dos cogomelos dos que se poden e non poden tocar, e que os hay moi diferentes.
Primeiro fixemos os trazos
despois dimoslle cor ao cogomelo
Así de ben quedaron

ICÍA esta semana trouxo un trompetón, observamolo o tocamos, o clasificamos como instrumento de vento



LUCAS trouxo un tambor que tamén tocamos, vimos de que estaba feito e o clasificamos como de percusión.


MARTIÑO trouxo unha maraca contounos con que estaba feita, que lle axudara a facela e os materiais, despois a tocamos e clasificamos como de percusión.



Seguimos a descubrir e practicar xogos novos para fixarnos nas letras e recoñecelas, ao tempo que traballamos a atención e a concentración. A través de diferentes propostas lúdicas, reforzamos o recoñecemento visual das letras e o interese pola lectoescritura.

Dentro das actividades de lóxica-matemática, traballamos a asociación entre a cantidade e a súa grafía, empregando xogos e materiais manipulativos. Contamos elementos do outono  e relacionámolos co número correspondente, reforzando así o recoñecemento visual da cifra e o concepto de cantidade.A actividade tamén favorece a atención, a observación e o razoamento lóxico, ao tempo que mantemos o vínculo coa temática do outono.




Seguen chegando cousa ao recuncho da música ÁUREO trouxo o conto de Paco Nogueiras que nos encantan as súas cancións.

ANTÓN  trouxo unha pandeireta que observamos, tocamos e clasificamos en percusión.
e tamén un ukelele que é unha guitarra máis pequena e clasificamos de corda.

XIANA F trouxo unha guitarra que tocamos, aprendimos para que serven as clavijas para apretar ou afloxar as cordas e mantelas máis afinadas. 
Xa case todos/as sabemos coller ben a guitarra



ICÍA trouxo as notas musicas e un pentagrama, falamos que O pentagrama é un conxunto de cinco liñas e catro espazos onde se escriben as notas musicais.
A clave de sol é un símbolo musical que se coloca ao principio do pentagrama, e que as claves son símbolos que se colocan ao principio do pentagrama e serven para indicar a posición dunha nota concreta. A máis usada e a clave de sol pero Hai diferentes claves porque non todos os instrumentos soan igual de agudo ou grave.
A clave de sol é para sons agudos,
a clave de fa para sons graves,
e a clave de do para os sons do medio.

Tamén falamos das notas musicais son os sons que usamos para facer melodías.
Hai sete notas principaisDo – Re – Mi – Fa – Sol – La – Si

Tamén ICÍA sorprendeunos cun instrumento que casi ninguén coñecía un arpa é un instrumento musical de corda. Falamos de como estaba feita e investigamos acerca del.
Produce o son pulsando as cordas coas mans, igual que facemos cando tocamos unha guitarra, pero
 ten moitas máis cordas —ás veces máis de 40 ou 50!
Cada corda fai un son distinto, e xuntos fan unha música suave e bonita, é un dos instrumentos máis antigos do mundo.


XIANA trouxo un conto precioso dunha nena e o seu micrófono dorada entre as dúas contamos o conto que nos gustou moito.
Para rematar a semana ICÍA trouxo un xogo de clasificación de instrumentos, primeiro miramos se os coñeciamos todos, algún quedou pendente de investigación e despois xogamos a clasificalos e case todos teñen claro onde vai cada un.

E xa temos o recuncho da música listo para usar, temos un montón de cousas para investigar e explorar

Unha das cancións de rock que nos gustan moito é esta dos cocodrilos con ela fixemos a nosa manualidade desta semana.

Falamos dos instrumentos principais dunha banda de rock

Batería

  • É un conxunto de tambores e pratos

Voz ou cantante

  • É quen interpreta as cancións e transmite a emoción co micrófono

 Guitarra eléctrica

  • É o instrumento máis típico do rock e ten cordas

Foi a elexida para facer, primeiro picamos o MÁSTIL
Despois fixemos as CORDAS e pintamos a palabra ROCK
Despois pintaron o CORPO da guitarra do color que quixeron

e para rematar pegamos todo, xa están listas para usar

Esta semana traballamos os trazos rítmicos acompañando cancións do grupo Queen. A través da música, seguimos o ritmo co corpo.

Os nenos e nenas participaron con moita enerxía, recoñecendo pulsos fortes e suaves, e expresando a música mediante o corpo.

Desta forma traballamos a coordinación motriz fina e grosa. Recoñecemos e reproducimos patróns rítmicos. Estimulamos a creatividade e a expresión corporal.

Ao principio costounos coordinardos pero despois saliu ben






Para a semana traballaremos a música latina!!!












Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!