sábado, 25 de outubro de 2025

Esta semana traballamos a cor ROSA!

 Esta semana traballamos a cor rosa a través do noso conto do lobo e preparámonos para festexar o samaín.
Momentos das primeiras horas do día: a asamblea.

Esta semana o lobo lobito entrou no xardín dun veciño e colleulle flores de cor rosa pero cando se viu no espello parecía unha princesa.

Identificando as letras de ROSA.
Identificando a cor rosa e pintando o lobo desa cor.
Debuxandonos coa cor rosa de rotu. Semana a semana imos perfeccionando o debuxo da figura humana. 
MANUALIDADES DE SAMAÍN

Estos días escoitamos cancións e contos de samaín. Aos nenos desta clase gústalles moito unha canción dun castelo.


Por iso decidimos comezar facendo un castelo de samaín. Estampamos a nosa man de cor negra.
As torres dos nosos castelos (os nosos dedos) precisan tellados, por iso poñemos triángulos vermellos encima dos nosos dediños. 
Debuxando un sol con un pincel redondo de esponxa.
Do sol pintamos con témpera branca unha pantasma,  e na entrada do castelo pegamos pegatinas  con elementos do outono. Algunhas teñen brilli brilli.
Cando rematamos, cun sello de morcego decoramos o ceo.
Levounos varios días facer esta actividade pero apreciade todo o que podemos facer a partir da nosa man. Estes castelos son chulísimos.
Esta profe ponnos tarefas algo dificiles, repasar por uns puntiños para descubrir un morcego. Costounos seguir os puntiños. Empregamos rotus de brilli brilli. Para que brilen nas ventás por se alguén vén visitar a nosa clase e que leven un susto.



Fixemos uns morcegos que colgamos do teito da nosa clase. Primeiro pintamos o corpo (que era un círculo) coa témpera sólida, parecía un pegamento pero non,...era unha pintura.
Seguimos descubrindo materiais para pintar, pintamos as ás do morcego con acuarelas. As acuarelas precisan auga para que pinten.
Deixamos todo a secar.

Para despois montalos e  colgalos. Cada un leva ollos de diferentes cores! 

Esta semana a mesa negra trainos un xogo no que precisa unha ruleta. A ruleta xira e temos que localizar por parellas o que saíu nela e rodear. Isto chámase traballar a agudeza visual.
Tiramos da ruleta e a ver que sae: todos os debuxos son propios da estación na que nos atopamos; o outono.
Por parellas intentamos localizar o que saíu na ruleta.



Esta semana conmemoramos o día das bibliotecas (24 de outubro) e comezan a viaxar as mochilas viaxeiras. 

Comezamos a nosa aventura viaxeira na casa de Uxía. Dende a biblioteca agardamos que vós guste moito esta experiencia chea de maxia, creatividade e ilusión da man dos libros. Recordade que os martes á tarde a nosa biblioteca está aberta para que poidades visitala. 
Na publicación en conxunto coas clases dos nosos compis o martes fomos coñecer a biblioteca e profe María Ro contounos un conto, fixemos un debuxo dese conto e tamén decoramos uns fermosos marcapáxinas. 

Na aula contamos este conto: Los libros no son para osos. Un conto moi divertido no que podemos ver que nas bibliotecas os libros están ao alcance de todos.  

                                                                Bo fin de semana peques!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!