Esta semana entramos no cole ó son de música ROCK!
Tivemos varias audicións de este estilo musical e encantounos!!!
Algunhas das audicións coas que comezamos foron:
A versión en galego e rock de "Dragon ball Z".
A versión de Mago de Oz de "Hoy toca ser feliz" en castelán.
"Thunderstruck" de AC/DC en inglés, que foi a que máis gustou e que elixiron para a actividade en papel. Primeiro bailámola e sentímola. Logo entre todos fomos lendo parte dos subtítulos en español para coñecer que dicía a letra da canción. Podedes ver o vídeo no enlace.
Logo falamos do que ocorría o escoitala e plasmámolo en papel.
Tamén nos achegamos a algúns instrumentos musicais típicos da música Rock. Diferenciámolos escoitándoos e coñecendo algúns detalles sobre eles.
Deixamos unha playlist das que empregamos.
Por suposto seguimos repasando e practicando lectoescritura e lóxica matemática.
O instrumento que elaboramos para este estilo musical, foi unha GUITARRA ELÉCTRICA!
Decorámola, recortamos, pegamos e montamos todo con cartulina, un plato de papel e un CD que reutilizamos para esta manualidade.
Hugo trouxo unha trompeta e uns cascabeis que soan preciosos! Explicou que as trompeta é un instrumento de vento e os cascabeis son de percusión.
Esta semana Rayan trouxo unhas CASTAÑUELAS e un PANDEIRO. Amosou cómo se tocaban e explicou que eran instrumentos de percusión.
Erea amosounos a ARMÓNICA que trouxo para compartir. Explicou como debíamos empregala e que é un instrumento de vento.
Romeo trouxo unha chea de contos de música que iremos lendo ós poucos coa súa axuda. Tamén trouxo un micrófono que nos amosou e co que xa xogaron esta semana. Por último trouxo un xilófono especial redondo que soa xenial!
Hugo trouxo unha trompeta e uns cascabeis que soan preciosos! Explicou que as trompeta é un instrumento de vento e os cascabeis son de percusión.
Alen Rábade trouxo un conto sobre música rocke unha manualidade preciosa dunha batería. Explicounos as partes e falamos de que era un instrumento de percusión.
Como Alen e Romeo trouxeron o conto sonoro de "Paco y la música Rock", aproveitamos para que no lo contaran xuntos.
Como Alen e Romeo trouxeron o conto sonoro de "Paco y la música Rock", aproveitamos para que no lo contaran xuntos.
Gustounos moito!!
Outra das actividades arredor da música Rock que levamos a cabo foi unha experiencia rítmica coas mans facendo percusión ó ritmo de Queen e asúa canción "We will rock you".
Ainda que cada semana a facemos centrándonos en coñecer un pouco un estilo musical, tamén retomamos o visto e aproveitamos o que nos ides mandando.
Así, rematamos as semana con Romeo axudando a contar un dos seus contos: "PACO y Mozart".
Por último, recordarvos que nesta semana comezamos co préstamo de libros da biblio do centro e que teremos o préstamo de mércores a mércores.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!