venres, 17 de outubro de 2025

MÚSICA LATINA !


Esta semana achegámonos á música latina e a algunhas das variedades que podemos atopar.
Entramos ó ritmo de cancións moi coñecidas!
Xa na aula comezamos con varias audicións e baile!

Traballamos sobre papel primeiro sobre unha das cancións que máis nos gustou.



Logo achegámonos a varios instrumentos típicos da música de latinoamérica. Probámolos e escoitámolos con atención.

Preparamos o instrumento da semana. Nesta ocasión unhas MARACAS!
Pintamos rollos de papel hixiénico dos que imos gardando, primeiro con témperas e logo, unha vez secos, decoraron con rotus brillantes con notas musicais das que xa coñecemos.


Cando estivo ben seco meteron arroz e fabas para que soara como unha auténtica MARACA!
E chegou o momento de probalas sós e logo con música!

Soan moi ben!
Quedaron moi chulas!

Nesta semana chegaron máis cousiñas.
Martina trouxo un axóuxere que soa precioso e co que xa xogaron un montón! Explicou que é un instrumento de percusión e e fíxoo soar.
Ademais foi a semana das sopas de letras musicais!
Primeiro chegou a de MARTINA e logo a de HUGO. Explicaron como se fan e fixemos grupos para resolvelas ó grande. Agora puxémolas en plástico para usar con rotus borrables e resolvelas sempre que se queira no recanto da música.
Pasárono pipa resolvéndoas!!!!



Ademais estamos traballando sobre o outono.

En infantil preparamos unha árbore xigante entre todos para as exposición fotográfica de outono.
Na nosa clase ocupámonos das follas da copa da árbore. Primeiro pintaron unha base verde.
Logo pintaron as mans e plasmáronas en papeis de cores para facer follas de outono. Unha vez secas pintaron os nervios das follas e quedaron fermosas!






Seguimos a tope coa lectura e encántanos practicar! 
Hoxe amosámosvos como lemos con tarxetas de palabras.

Esta foi unha semana moi divertida!
 

As próximas 2 semanas adicarémonos á música FOLK. Achegarémonos á música folk galega tradicional, á súa influencia celta, e pasaremos pola música folk moderna.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!